 
Esta actividade estatística denominada 2511-03-OE06 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores está integrada no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística. A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Estas táboas recollen os datos estatísticos de execución e preséntanse divididas en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas. O obxectivo que persegue é coñecer as magnitudes e principais características das medidas xudiciais impostas a menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxetivos:
Coñecer as magnitudes e principais características das medidas xudiciais impostas a menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Alcance:
Medidas xudiciais impostas polos xulgados de menores e remitidas á Comunidade Autónoma para a súa execución
Variables de estudo:
Variables relacionadas coas medidas impostas, persoas menores afectadas e recursos para a execución
Variables de clasificación:
Tipoloxía da medida, sexo, idade, etc
Periodicidade:
regular: anual
