RUEPSS

Que é o RUEPSS?

O RUEPSS ten por obxectivo fundamental elaborar e ter a disposición do público, un censo actualizado das entidades prestadoras de servizos sociais e dos centros e programas autorizados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este rexistro configúrase ademais, como un instrumento público básico para o coñecemento, o control, a planificación, a ordenación e a publicación do Sistema Galego de Servizos Sociais.

O RUEPSS opera en soporte informático e está adscrito e xestionado pola consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de servizos sociais.

Inscrición de entidades

Deben inscribirse no RUEPSS as entidades prestadoras de servizos sociais, públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que sexan titulares ou xestoras de centros, que desenvolvan programas ou realicen actividades propias dos servizos sociais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A inscrición ten eficacia limitada ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e realízase por tempo indefinido en tanto se acredite anualmente o mantemento das actividades de servizos sociais que a motivaron, mediante a presentación da memoria de actividades do ano anterior.

Acceso ao procedemento de inscrición de entidades

Modificación da inscrición

As entidades inscritas están obrigadas a manter actualizados permanentemente os datos que obran no RUEPSS, o que en moitos casos poden facer elas mesmas no propio rexistro.

En concreto deben comunicar, con carácter previo ou no prazo máximo de 30 días desde a súa efectiva realización, a modificación dos datos referidos a:

  • A denominación da entidade e/ou dos centros e programas autorizados dos que a entidade sexa titular
  • O enderezo social da entidade
  • O obxecto social da entidade
  • Os datos identificativos dos/as representante/s legais da entidade e/ou dos/as seus administradores/as
  • O cambio de titularidade dos centros ou programas que a entidade teña autor
  • O cambio de entidade xestora dos centros ou programas que a entidade titular teña autorizados

Acceso ao procedemento de modificación da inscrición

Cambio de titularidade de centros e programas

As entidades rexistradas teñen a obriga de comunicar, con carácter previo ou no prazo máximo de 30 días desde a súa efectiva realización, o cambio de titularidade dos centros ou programas de servizos sociais. Esta comunicación a pode facer calquera das dúas entidades.

Acceso ao procedemento de cambio de titularidade de centros e programas

Cambio de entidade xestora de centros e programas

As entidades están obrigadas a comunicar os cambios que se produzan nas entidades que xestionen os centros e/ou programas de servizos sociais autorizados e inscritos no RUEPSS.

A dita comunicación pode realizarse pola entidade titular ou pola entidade xestora, sempre que se achegue o documento que a xustifique (contrato de xestión de servizos públicos, cesións, alugueres de empresa etc..).

No caso de que se trate dunha unión temporal de empresas (UTE), anotaranse como xestora á UTE durante o tempo que dure o contrato de xestión. Para elo cada una das empresas que a forman deberán estar inscritas con carácter previo no RUEPSS.

Acceso ao procedemento de cambio de entidade xestora de centros e programas

Cancelación de entidades

A cancelación da inscrición no RUEPSS producirase no caso de darse algunha das seguintes circunstancias:

  • Extinción da personalidade xurídica da entidade
  • Disolución da entidade
  • Cese das súas actividades na Comunindade Autónoma de Galicia

Acceso ao procedemento de cancelación de entidades

Obrigas das entidades prestadoras de servizos sociais

As entidades prestadoras de servizos sociais, inscritas no RUEPSS, están obrigadas a:

  • Manter actualizados permanentemente os datos que obren no RUEPSS.
  • Acreditar no primeiro trimestre do ano o mantemento das súas actividades mediante a presentación no RUEPSS da memoria de actividades do ano anterior. Unha vez incorporada, a memoria anual poderá consultarse por todos/as os/as cidadáns. A falta de acreditación da memoria durante dous anos consecutivos, determinará a cancelación de oficio da inscrición da entidade no RUEPSS.
  • Facilitar á Administración autonómica toda a información que solicite no exercicio das súas competencias.
  • Estar suxeitas ás potestades inspectora e sancionadora da consellería con competencias en materia de servizos sociais.
  • Someter ao réxime de autorización regulado neste decreto, os centros, programas e/ou servizos da súa titularidade, de conformidade coa normativa autonómica que os define e regula.
  • Informar previamente ás persoas usuarias, de xeito claro e comprensible, sobre o réxime dos servizos que prestan, as súas condicións, os prezos ou tarifas que se van cobrar, cando procedan, e a forma de pagamento.
  • Velar polo bo estado xeral e de conservación dos equipamentos e instalacións onde se presten servizos e dispensar ás persoas usuarias un trato correcto e non discriminatorio.
  • Dispoñer en cada instalación aberta ao público dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias, dos seus familiares, representantes legais ou titores e/ou dun procedemento que garanta a xestión das queixas e das suxestións presentadas.
  • Remitir á inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia unha copia das reclamacións presentadas, no prazo máximo de tres días hábiles, xunto cun informe xustificativo dos antecedentes e das actuacións realizadas para a súa xestión.
Información estatística

Neste apartado están dispoñibles os informes anuais de información estatística e de explotación do RUEPSS: