A través desta convocatoria de subvencións dáse apoio económico para a construción, reforma, e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social das corporacións locais, así como para o desenvolvemento de programas de inclusión sociolaboral polos servizos sociais de titularidade municipal que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral.
Xunto os programas dirixidos á poboación xeral, tamén se subvencionan os programas de inclusión social e laboral de carácter específico dirixidos á comunidade xitana e á poboación inmigrante residente en Galicia.
- Orde do 30 de xullo de 2025 (DOG núm.157 de 19 de agosto) pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 a 2027 cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS623C).
- Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, para os anos 2023 a 2025 cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS623C).
- ORDE do 6 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, susceptible de ser financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS623C).
- ORDE do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020) (código de procedemento BS623C).
- ORDE do 24 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).