As axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo están pensadas para compensar a redución da xornada de traballo para atender a fillas e fillos de ata 3 anos, ou 12 no caso de ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
A finalidade destas axudas é fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes, apostando por conseguir un cambio de tendencia e avanzar cara unha conciliación corresponsable. Con elas, búscase chegar a un maior equilibrio no reparto dos tempos das tarefas dos coidados e, deste xeito, favorecer a empregabilidade e a promoción profesional das mulleres.
Estas axudas están dirixidas a todo tipo de unidades familiares, como as monoparentais, as monomarentais, as integradas por persoas do mesmo sexo e para os homes nos casos de familias de distinto sexo.
A súa contía oscila desde os 1.700 aos 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada de traballo e do número de menores a cargo. O máximo período subvencionable é de oito meses, comprendido entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025.
Pódense solicitar na sede electrónica da Xunta de Galicia