Recoñecemento do grao de discapacidade

Solicitude de recoñecemento do grao de discapacidade

Certificado do grao de discapacidade

Trátase do documento que acredita a discapacidade das persoas.

Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.

Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade. Se alcanzan unha porcentaxe igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros. Para obter información sobre o procedemento pode consultar no servizo de información telefónico 012 (981 900 643)

Lugar de presentación de solicitudes

Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

No caso de facelo de xeito presencial, pode facerse nas seguintes localizacións:

  • Rexistro electrónico do concello ao que corresponda o enderezo da persoa solicitante.

  • Rexistros electrónicos dos Departamentos Territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade.

  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Equipos de valoración e orientación (EVO)

Son  equipos multidisciplinares compostos por persoal con perfil de médico, de psicólogo e de traballador social que realizan as actuacións destinadas á valoración e cualificación da discapacidade, así como de orientación para a habilitación, rehabilitación e medidas destinadas a mellorar a vida das persoas con discapaidade.

Localizacións dos equipos de valoración:

Localidade

Enderezo

Teléfonos

E-mail

A Coruña

Edificio administrativo de Monelos.

R/ Vicente Ferrer, 2. 15071

981 182 482

981 182 523

evo.ctb.coruna [at] xunta.gal (evo[dot]ctb[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)

Santiago

R/ Queixume dos Pinos nº2, Edificio CEGADI 15705

881 999 224

evo.ctb.santiago [at] xunta.gal (evo[dot]ctb[dot]santiago[at]xunta[dot]gal)

Ferrol

Edificio administrativo.

Praza Camilo José Cela, s/n. 15403

981 337 232

981 337 237

evo.ctb.ferrol [at] xunta.gal (evo[dot]ctb[dot]ferrol[at]xunta[dot]gal)

Lugo

Rúa Serra dos Ancares, 68 baixo. 27003

982 889 133

evo.ctb.lugo [at] xunta.gal (evo[dot]ctb[dot]lugo[at]xunta[dot]gal)

Ourense

Rúa Sáenz Díez, 33. 32003

988 386 152

evo.ctb.ourense [at] xunta.gal (evo[dot]ctb[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)

Pontevedra

Avenida de Vigo, 16. 36003

886 159 834

evo.ctb.pontevedra [at] xunta.gal (evo[dot]ctb[dot]pontevedra[at]xunta[dot]gal)

Vigo

Rúa Faisán,12 - 36205

886 120 710

evo.ctb.vigo [at] xunta.gal (evo[dot]ctb[dot]vigo[at]xunta[dot]gal)

VÍDEOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA.   

CUESTIONARIO

“Este cuestionario ten carácter voluntario, non é obrigatoria a súa presentación pero si recomendable. O obxectivo é coñecer e recoller a opinión do propio interesado sobre as dificultades concretas que presenta á hora de realizar as actividades cotiás da súa vida diaria e na súa contorna habitual. Debe presentalo cumprimentado o día da cita da valoración e será recollido polo técnico respectivo”