Censo de persoas con discapacidade

O censo de persoas con discapacidade de Galicia recolle información das persoas que teñen recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Constitúe unha ferramenta para a planificación das políticas públicas no ámbito da discapacidade.

A través deste censo pódese acceder a información relativa ás diferentes tipoloxías de discapacidade -física, psíquica e sensorial-, así como ás súas categorías diagnósticas, distribuídas en 21 grupos. Ademais, ofrece datos sobre a distribución xeográfica da poboación con discapacidade en Galicia, a súa estrutura por idade, sexo e grao de discapacidade, entre outros indicadores de interese social e estatístico.

2025

2024

2023

2022

2021

2020

2019

2018

2017

2016

2015

2014

2013

2012