Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade

Finalidade

A tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ten como finalidade facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular, que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Beneficios

Esta tarxeta acredita o recoñecemento dunha discapacidade igual ou superior ao 33%, pero non crea novos beneficios por si mesma.

Titulares da tarxeta

Poderán ser titulares da tarxeta acreditativa de grao de discapacidade as persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, cuxo expediente obre en poder da Xunta de Galicia, segundo o procedemento establecido no Real decreto 888/2022, do 18 de outubro, polo que se establece o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e de acordo coa Orde do 25 de novembro de 2015, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Procedemento de emisión

Departamentos territoriais:

  • Emisión de oficio da tarxeta, que se acompañará xunto coa resolución administrativa para os expedientes actualmente en tramitación (tanto solicitudes iniciais como de revisión)
  • Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade por perda ou subtracción (procedemento BS611C)

 Subdirección Xeral da Dependencia e Valoración da Discapacidade:

  • Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta). Emisión da tarxeta a instancia de parte para as persoas que na data 05/08/2016 teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, e que non teñan un expediente de revisión en tramitación (neste caso a tarxeta se emite polo Departamento Territorial) coa correspondente resolución adminitrativa tras a revisión do grao de discapacidade recoñecido (procedemento BS611B)

 Vídeos para persoas con discapacidade auditiva