
Biografía da conselleira
Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Igualdade
Naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desde xuño de 2015 foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, ademais de concelleira delegada de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Promoción e Dinamización Económica e Cultura.
Ao longo da súa carreira profesional formou parte dos gabinetes das consellerías de Facenda; de Economía e Industria; e de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Con anterioridade traballou en prácticas no departamento de Dereito Fiscal nun despacho de avogados.
Como formación complementaria, ten un máster en Dereito Empresarial polo Centro de Estudios Garrigues e un diploma en EAP (English for Academic Purposes) pola University College London.
Desde decembro de 2016 ata setembro de 2018 foi directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
Desde setembro de 2018 desempeña o cargo de conselleira de Política Social.