Inicio > Áreas > Inclusion Social > Axudas e prestacións

Axudas e prestacións

Neste apartado facilítase información das axudas e as prestacións (Axudas de Inclusión Social, Renda de Inclusión Social de Galicia, Pensións non contributivas e Tarxeta básica) ás que se pode acceder cando se reúnen os requisitos establecidos en cada unha (situación ou risco de exclusión social, carencia de recursos...).

Hai axudas xestionadas pola Xunta de Galicia que se poden solicitar en caso de encontrarse nunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social. É importante que antes de solicitar calquera delas se poña en contacto co traballador social do seu Concello ou do seu centro de saúde de referencia para acompañalo na xestión.