Pensións non contributivas (PNC)

Son prestacións económicas que se recoñecen a aqueles cidadáns que:

  • Se atopen nunha situación de necesidade.

  • Carezan de recursos suficientes para a súa subsistencia nos termos legalmente establecidos.

  • Non cotizaran ou non o fixeran durante o tempo suficiente para alcanzar as pensións contributivas.

A pensión non contributiva de xubilación ou incapacidade asegura a persoas en estado de necesidade, ademais dunha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios.

Dentro desta modalidade, atópanse as seguintes pensións:

  • Pensión non contributiva de incapacidade

  • Pensión non contributiva de xubilación

  • Complemento por alugueiro a pensionistas non contributivos

*****************************************************************************************

Pensións non contributivas de incapacidade

A pensión por incapacidade non contributiva consiste nunha prestación económica individualizada, de carácter periódico, para maiores de 18 anos e menores de 65 que teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e non teñen recursos económicos suficientes.

A pensión para o ano 2026, é dun mínimo de 157,20 euros e un máximo de 628,80 euros por 14 mensualidades ao ano.

Requisitos pnc incapacidade

Poderán ser beneficiarios da pensión non contributiva de incapacidade as persoas de nacionalidade española e estranxeiros con residencia legal en España que cumpran os seguintes requisitos:

  • Idade: ser maior de dezaoito anos e menor de sesenta e cinco.
  • Residencia: residir en territorio español e facelo durante un período de cinco anos, dos cales dous serán consecutivos e inmediatamente anteriores á data de solicitude.
  • Discapacidade: grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes: existe carencia, cando as rendas ou ingresos de que se dispoña, en cómputo anual para o 2026, sexan inferiores a 8.803,20 euros anuais.

Con todo, se son inferiores a 8.803,20 € anuais e se convive con familiares, unicamente se cumpre o requisito cando a suma das rendas ou ingresos anuais de todos os membros da súa Unidade Económica de Convivencia, sexan inferiores ás contías que se recollen a continuación. 
Existe Unidade Económica de Convivencia en todos os casos de convivencia da persoa solicitante con outras persoas unidas con aquel por matrimonio ou por lazos de parentesco de consanguinidade ou adopción ata o segundo grao. O parentesco por consanguinidade ata o 2º grado alcanza a: pai/nai, avós/as, fillos/as, netos/as e irmáns/irmás da persoa solicitante.

Nº convivintes

€/ano

2

14.965,44

3

21.127,68

4

27.289,92

  • Se entre os parentes consanguíneos cos que convive se atopa algún dos seus país ou fillos:

Nº convivintes

€/ano

2

37.413,60

3

52.819,20

4

68.224,80

Observacións ás pensións non contributivas de incapacidade
O dereito á pensión non contributiva de incapacidade non impide o exercicio daquelas actividades laborais, sexan ou non lucrativas, compatibles coa discapacidade do pensionista e que non representen un cambio na súa capacidade real para o traballo. 
As persoas que con anterioridade ao comezo dunha actividade laboral viñesen percibindo PNC de incapacidade poderán compatibilizar o percibo da pensión cos ingresos derivados da actividade, durante os catro anos seguintes ao comezo da actividade, se a suma da contía anual da pensión que tivese recoñecida o pensionista e dos ingresos anuais que perciba ou prevexa percibir da actividade laboral non superen 16.003,20 €. No caso de exceder do devandito límite, a contía anual da pensión reducirase na contía necesaria para non excedelo. O límite indicado de 16.003,20 € é o resultado de sumar os importes anuais fixados en 2026 para o indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem), que se cifra en 7.200,00 € e para a pensión de incapacidade non contributiva, que é de 8.803,20 €. 
A contía individual da pensión establécese en función do número de beneficiarios de pensión non contributiva integrados na mesma unidade económica de convivencia, dos ingresos persoais e/ou das persoas que integran a unidade económica, non podendo ser inferior dita contía a 2.200,80 € anuais, que se corresponde co 25 por 100 do importe íntegro para o ano 2026. 
A contía individual da pensión non contributiva de incapacidade establecida increméntase co complemento por necesidade doutra persoa sempre que se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 75 por 100, así como a necesidade do concurso doutra persoa para realizar os actos esenciais da vida. O importe deste complemento para o ano 2025 é de 4.401,60 € anuais. 
*****************************************************************************************

Contías das pnc para 2026

O artigo 2.5 do Real decreto-lei 3/2026, do 3 de febreiro, establece a contía anual para 2026 das pensións non contributivas do sistema da Seguridade Social de incapacidade e xubilación, en tanto non se aprobe a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2026. 
A contía das pensións non contributivas de incapacidade e xubilación estableceuse para o ano 2026 en 8.803,20 €/anuais, que se abonan en 12 mensualidades máis dous pagas extraordinarias ao ano. 
Os pensionistas de pnc de incapacidade cuxo grao de discapacidade sexa igual ou superior ao 75% e acrediten a necesidade do concurso doutra persoa para realizar os actos esenciais da vida, percibirán ademais un complemento do 50% dos 8.803,20 € anuais, fixado en 4.401,60 € anuais. 
Contías básicas para 2026


Contía

Anual

Mensual

Íntegra

8.803,20 €

628,80 €

Mínima 25%

2.200,80 €

157,20 €

Íntegra máis Incremento 50%

13.204,80 €

943,20 €

Cando dentro dunha mesma familia conviva máis dunha persoa beneficiaria dunha pensión non contributiva, a contía individual para cada un deles é a seguinte:


Nº beneficiarios

Anual

Mensual

2

7.482,72 €

534,48 €

3

7.042,56 €

503,04 €

4

6.822,48 €

487,32 €

...

...

...

*****************************************************************************************

Incompatibilidades

A pensión non contributiva de incapacidade é incompatible coa PNC de xubilación, co Fondo de Asistencia Social (FAS) por vellez ou por enfermidade, co subsidio de garantía de ingresos mínimos, co subsidio de asistencia de terceira persoa da LISMI, coa condición de causante da asignación familiar por fillo a cargo con discapacidade e con calquera outra pensión de igual ou superior contía outorgada por calquera organismo público (INSS, MUFACE; ISFAS...). 
En todo caso, poderase solicitar a pensión non contributiva, e o órgano xestor enviará unha notificación para que se elixa entre a pensión non contributiva e a prestación que se estea percibindo (FAS, LISMI, PF). 
Así mesmo, no suposto de estar percibindo o subsidio por desemprego que non sexa a Renda Activa de Inserción, a contía do subsidio computarase como ingresos propios. 
*****************************************************************************************

Obrigas dos pensionistas na súa modalidade no contributiva

1. Comunicar ao Organismo que xestiona a súa pensión, no prazo máximo de 30 días desde a data na que se produza, calquera variación da súa situación de convivencia, estado civil, residencia, recursos económicos propios ou alleos computables por razón da convivencia, e cantas outras podan ter incidencia na conservación do dereito ou na contía da súa pensión. 
2. Declaración anual de ingresos 
Presentar no primeiro trimestre de cada ano (ata o 31 de marzo) unha declaración dos ingresos ou rendas da respectiva unidade económica de convivencia, referida ao ano inmediatamente anterior, así como as posibles variacións e previsións relativas ao ano en curso. 
O formulario de declaración anual de rendas ou ingresos é remitido polo órgano competente da xestión destas pensións en función do domicilio do pensionista e este debe presentalo cumprimentado no primeiro trimestre do ano. 
O incumprimento da obriga de presentar a declaración anual no prazo indicado da lugar á suspensión do pagamento da pensión. A rehabilitación do pagamento unicamente se producirá cando se presente a declaración anual e se acredite que continúa reunindo os requisitos legalmente establecidos para manter o dereito á pensión de incapacidade, cunha retroactividade máxima de noventa días naturais a contar desde a data na que se presente a declaración e se acredite que reúne todos os requisitos esixidos. 
No procedemento de revisión anual procédese a establecer a contía definitiva do ano anterior e determinar a contía para o ano en curso en base aos datos económicos e de convivencia declarados polo titular da pensión para ditos anos, así como regularizar os importes da pensión percibidos. Efectuada esta revisión, cuxo prazo máximo de resolución é o 31 de outubro, lle será notificada a regularización das contías cando existan modificacións. 
Os importes que resulten indebidamente percibidos polo incumprimento das devanditas obrigas teñen que ser devoltos polos seus perceptores.

*****************************************************************************************

Solicitude, procedemento, prazo e documentación

Solicitude e procedemento das pnc de incapacidade – BS650A (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650A
Prazo de presentación: aberto todo o ano 
Documentación para a presentación

  • Solicitude segundo Anexo I.
  • Comprobación de datos das persoas que integran a unidade familiar segundo o anexo II
  • Certificado de convivencia
  • Acreditación de residir legalmente en territorio español durante cinco anos, dos cales dous deberán ser consecutivos e inmediatamente anteriores a data da solicitude.
  • Copia da sentenza xudicial que declare a incapacidade legal e/ou copia do documento que acredite a representación legal cando a solicitude se subscriba por persoa distinta á posible persoa beneficiaria.
  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
  • Outra documentación.

Comprobación de datos 
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante
  • Certificado de residencia da persoa solicitante
  • Situación de desemprego da persoa solicitante
  • Importe de prestacións de desemprego a data actual da persoa solicitante
  • Importe de prestacións de desemprego nun período da persoa solicitante.
  • Certificado de discapacidade da persoa solicitante
  • Residencia legal de persoas estranxeiras da persoa solicitante

Consentimento para a comprobación de datos 
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • Nivel de renda da persoa solicitante.

*****************************************************************************************

Onde solicitar una PNC

Pode cubrir a solicitude que se atopa no enlace (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650A) e presentala de forma electrónica ou presencial a través dun rexistro administrativo ou oficina de Correos.

*****************************************************************************************

Órgano encargado de xestionar as pnc

Departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da provincia de residencia.


A Coruña

Lugo

Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Espazo Amizar
R/ Gregorio Hernández, 2
15011 A Coruña 
prestacions.ctb.coruna [at] xunta.gal (prestacions[dot]ctb[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)
Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Ronda de la Muralla, 70
27071 Lugo
prestacionseinclusionlugo [at] xunta.gal (prestacionseinclusionlugo[at]xunta[dot]gal)

Ourense

Pontevedra

Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Sáenz Díez, 33
32071 Ourense
prestacions.politicasocial.ourense [at] xunta.gal (prestacions[dot]politicasocial[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)
Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
prestacions.benestar.vigo [at] xunta.gal (prestacions[dot]benestar[dot]vigo[at]xunta[dot]gal)

*****************************************************************************************

Normativa
  • Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 31 de outubro).
  • Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve en materia de pensións non contributivas a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (integrada no Real decreto lexislativo anterior), (BOE do 21 de marzo).
  • Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE do 20 de novembro).

*****************************************************************************************

Pensións non contributivas de xubilación

A pensión por xubilación non contributiva consiste nunha prestación económica individualizada, de carácter periódico, para maiores de 65 anos que non poidan acollerse ao sistema contributivo de pensións e que non teñen recursos económicos suficientes. 
A pensión para o ano 2026, é dun mínimo de 157,20 euros e un máximo de 628,80 euros por 14 mensualidades ao ano.

 

Requisitos pnc xubilación

Poderán ser beneficiarios da pensión non contributiva de xubilación as persoas de nacionalidade española e estranxeiros con residencia legal en España que cumpran os seguintes requisitos: • Idade: ter sesenta e cinco anos ou máis. • Residencia: residir en territorio español e facelo durante un período de dez anos no período que media entre a data do cumprimento dos dezaseis anos e a do devengo da pensión, dos cales dous serán consecutivos e inmediatamente anteriores á data de solicitude. • Carecer de rendas ou ingresos suficientes: existe carencia, cando as rendas ou ingresos de que se dispoña, en cómputo anual para o 2026, sexan inferiores a 8.803,20 euros anuais. Con todo, se son inferiores a 8.803,20 € anuais e se convive con familiares, unicamente se cumpre o requisito cando a suma das rendas ou ingresos anuais de todos os membros da súa Unidade Económica de Convivencia, sexan inferiores ás contías que se recollen a continuación. Existe Unidade Económica de Convivencia en todos os casos de convivencia da persoa solicitante con outras persoas unidas con aquel por matrimonio ou por lazos de parentesco de consanguinidade ou adopción ata o segundo grao. O parentesco por consanguinidade ata o 2º grado alcanza a: pai/nai, avós/as, fillos/as, netos/as e irmáns/irmás da persoa solicitante. c) Convivencia só co seu cónxuxe e/ou parentes consanguíneos de 2º grao: Nº convivintes €/ano 2 14.965,44 3 21.127,68 4 27.289,92 … … d) Se entre os parentes consanguíneos cos que convive se atopa algún dos seus país ou fillos: Nº convivintes €/ano 2 37.413,60 3 52.819,20 4 68.224,80 … … Observacións ás pensións non contributivas: A contía individual da pensión establécese en función do número de beneficiarios de pensión non contributiva integrados na mesma unidade económica de convivencia, dos ingresos persoais e/ou das persoas que integran a unidade económica, non podendo ser inferior dita contía a 2.200,80 € anuais, que se corresponde co 25 por 100 do importe íntegro para o ano 2026. *****************************************************************************************

Contías das pnc para 2026

O artigo 2.5 do Real decreto-lei 3/2026, do 3 de febreiro, establece a contía anual para 2026 das pensións non contributivas do sistema da Seguridade Social de incapacidade e xubilación, en tanto non se aprobe a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2026. 
A contía das pensións non contributivas de incapacidade e xubilación estableceuse para o ano 2026 en 8.803,20 €/anuais, que se abonan en 12 mensualidades máis dous pagas extraordinarias ao ano. 
Contías básicas para 2026


Contía

Anual

Mensual

Íntegra

8.803,20 €

628,80 €

Mínima 25%

2.200,80 €

157,20 €

Cando dentro dunha mesma familia conviva máis dunha persoa beneficiaria de pensión non contributiva, a contía individual para cada un deles é a seguinte:


Nº beneficiarios

Anual

Mensual

2

7.482,72 €

534,48 €

3

7.042,56 €

503,04 €

4

6.822,48 €

487,32 €

...

...

...

*****************************************************************************************

Incompatibilidades

A pensión non contributiva de xubilación é incompatible co Fondo de Asistencia Social (FAS) por vellez ou por enfermidade, co subsidio de garantía de ingresos mínimos, co subsidio de asistencia de terceira persoa da LISMI, coa condición de causante da asignación familiar por fillo a cargo con discapacidade e con calquera outra pensión de igual ou superior contía outorgada por calquera organismo público (INSS, MUFACE; ISFAS...). 
En todo caso, poderase solicitar a pensión non contributiva, e o órgano xestor enviará unha notificación para que se elixa entre a pensión non contributiva e a prestación que se estea percibindo (FAS, LISMI, PF). 
*****************************************************************************************

Obrigas dos pensionistas non contributivos

1. Comunicar ao Organismo que xestiona a súa pensión, no prazo máximo de 30 días desde a data na que se produza, calquera variación da súa situación de convivencia, estado civil, residencia, recursos económicos propios ou alleos computables por razón da convivencia, e cantas outras podan ter incidencia na conservación do dereito ou na contía da súa pensión. 
2. Declaración anual de ingresos 
Presentar no primeiro trimestre de cada ano (ata o 31 de marzo) unha declaración dos ingresos ou rendas da respectiva unidade económica de convivencia, referida ao ano inmediatamente anterior, así como das posibles variacións e previsións relativas ao ano en curso. 
O formulario da declaración anual de rendas ou ingresos é remitido polo órgano competente da xestión destas pensións en función do domicilio do pensionista e este debe presentalo cumprimentado no primeiro trimestre do ano. 
O incumprimento da obriga de presentar a declaración anual no prazo indicado da lugar á suspensión do pagamento da pensión. A rehabilitación do pagamento unicamente se producirá cando se presente a declaración anual e se acredite que continúa reunindo os requisitos legalmente establecidos para manter o dereito á pensión de incapacidade, cunha retroactividade máxima de noventa días naturais a contar desde a data na que se presente a declaración e se acredite que reúne todos os requisitos esixidos. 
No procedemento de revisión anual procédese a establecer a contía definitiva do ano anterior e determinar a contía para o ano en curso en base aos datos económicos e de convivencia declarados polo titular da pensión para ditos anos, así como regularizar os importes de pensión percibidos. Efectuada esta revisión, cuxo prazo máximo de resolución é o 31 de outubro, lle será notificada a regularización de contías cando existan modificacións. 
Os importes que resulten indebidamente percibidos polo incumprimento das devanditas obrigas teñen que ser devoltos polos seus perceptores.

*****************************************************************************************

Solicitude, procedemento, prazo e documentación

Solicitude e procedemento das pnc de xubilación – BS650G (https:// sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650G
Prazo de presentación: aberto todo o ano 
Documentación para a presentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.
  • Comprobación de datos das persoas que integran a unidade familiar segundo o anexo II.
  • Certificado de convivencia.
  • Acreditación de residir legalmente en territorio español durante ao menos dez anos, entre os 16 anos e o devengo da pensión, dos cales dous deberán ser consecutivos e inmediatamente anteriores a data da solicitude.
  • Copia da sentenza xudicial que declare a incapacidade legal e/ou copia do documento que acredite a representación legal cando a solicitude se subscriba por persoa distinta á posible persoa beneficiaria.
  • Outra documentación.

Comprobación de datos 
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante
  • Certificado de residencia da persoa solicitante
  • Situación de desemprego da persoa solicitante
  • Importe de prestacións de desemprego a data actual da persoa solicitante
  • Importe de prestacións de desemprego nun período da persoa solicitante
  • Residencia legal de persoas estranxeiras da persoa solicitante

Consentimento para a comprobación de datos 
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • Nivel de renda da persoa solicitante.

*****************************************************************************************

  Onde solicitar unha PNC

Pode cubrir a solicitude que se atopa no enlace (https:// sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650G) e presentala de forma electrónica ou presencial a través dun rexistro administrativo ou oficina de Correos. *****************************************************************************************

Órgano encargado de xestionar as pnc

Departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da provincia de residencia.


A Coruña

Lugo

Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Espazo Amizar
R/ Gregorio Hernández, 2
15011 A Coruña 
prestacions.ctb.coruna [at] xunta.gal (prestacions[dot]ctb[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)
Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Ronda de la Muralla, 70
27071 Lugo
prestacionseinclusionlugo [at] xunta.gal (prestacionseinclusionlugo[at]xunta[dot]gal)

Ourense

Pontevedra

Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Sáenz Díez, 33
32071 Ourense
prestacions.politicasocial.ourense [at] xunta.gal (prestacions[dot]politicasocial[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)
Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
prestacions.benestar.vigo [at] xunta.gal (prestacions[dot]benestar[dot]vigo[at]xunta[dot]gal)

*****************************************************************************************

Normativa
  • Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 31 de outubro).
  • Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve en materia de pensións non contributivas a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (integrada no Real decreto lexislativo anterior), (BOE do 21 de marzo).
  • Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE do 20 de novembro).

*****************************************************************************************

Complemento por alugueiro a pensionistas non contributivos

Requisitos complemento alugueiro

Poderán ser beneficiarias deste complemento as persoas que reúnan, á data da solicitude, os seguintes requisitos:

  • Ter recoñecida unha pensión de xubilación ou incapacidade da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva, na data da solicitude e na da resolución.
  • Carecer de vivenda en propiedade.
  • Ser titular dun contrato de arrendamento da vivenda.
  • Non ter co arrendador da vivenda alugada relación conxugal ou de parentesco ata o terceiro grao nin constituír con aquel unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal.
  • Ter fixada a súa residencia, como domicilio habitual, nunha vivenda alugada. Entenderase que é o domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano e residise na mesma durante un período mínimo de 180 días anteriores á data da solicitude.

Se na mesma vivenda alugada conviven dúas ou máis persoas que tivesen recoñecida unha PNC, só terá dereito a este complemento aquel que sexa o titular do contrato de arrendamento ou, de ser varios, o primeiro deles. 
*****************************************************************************************

Contía do complemento por alugueiro para o 2026

A contía anual do complemento por alugueiro, en tanto non se aprobe a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2026, establécese no apartado dous do artigo 44 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 (BOE núm. 308, do 24 de decembro) e ascende a 525,00 €. 
*****************************************************************************************

Solicitude, procedemento, prazo e documentación

Solicitude e procedemento do complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/os pensionistas da seguridade social na súa modalidade non contributiva – BS650F (https:// sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650F). 
Prazo de presentación: aberto todo o ano. 
Documentación para a presentación 
A persoa pensionista, para o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 2 do Real decreto 1191/2012, do 3 de agosto, polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva, deberá achegar coa solicitude a seguinte documentación: 
a) Documento que acredite a representación cando a solicitude a subscriba unha persoa distinta da persoa beneficiaria da pensión non contributiva. 
b) Copia compulsada do contrato de arrendamento en vigor. 
No caso de que xa fose presentado anteriormente non será necesario achegalo. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou o citado documento. 
Se non existe contrato de arrendamento escrito, a condición de arrendatario xustificarase por outro medio de proba válido en dereito, sempre que este acredite a localización da vivenda, que debe coincidir coa residencia habitual do pensionista, a vixencia mínima do arrendamento dun ano, a identificación do arrendador e do arrendatario, con indicación do nome e apelidos, NIF e domicilio de ambos.

*****************************************************************************************

Onde solicitar o complemento por alugueiro

Pode cumprimentar a solicitude que se atopa no enlace (https:// sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650F) e presentala de forma electrónica ou presencial a través dun rexistro administrativo ou oficina de Correos. 
*****************************************************************************************

Órgano encargado de xestionar o complemento por alugueiro

Departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da provincia de residencia.


A Coruña

Lugo

Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Espazo Amizar
R/ Gregorio Hernández, 2
15011 A Coruña 
prestacions.ctb.coruna [at] xunta.gal (prestacions[dot]ctb[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)
Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Ronda de la Muralla, 70
27071 Lugo
prestacionseinclusionlugo [at] xunta.gal (prestacionseinclusionlugo[at]xunta[dot]gal)

Ourense

Pontevedra

Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Sáenz Díez, 33
32071 Ourense
prestacions.politicasocial.ourense [at] xunta.gal (prestacions[dot]politicasocial[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)
Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
prestacions.benestar.vigo [at] xunta.gal (prestacions[dot]benestar[dot]vigo[at]xunta[dot]gal)
Normativa
  • Lei 31/2022, de 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023.
  • Real Decreto 1191/2012, do 3 de agosto , polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.