Inicio > Áreas > Familia e infancia > Familias numerosas > Certificado de neno concibido non nado

Certificado de neno concibido non nado

Certificado de neno concibido non nado

O certificado de neno concibido non nado é un documento expedido pola Xunta de Galicia que asimila como descendente ao fillo concibido non nado á hora de obter beneficios para as familias numerosas.

Isto permite que, por exemplo, no caso de que unha familia con dous fillos estea esperando un terceiro, poida ter a condición de familia numerosa antes de que se produza o parto, o que lle daría a posibilidade de gozar dos beneficios que leva consigo.

O obxectivo deste certificado é facilitar o acceso e a planificación ás familias que estean a punto de converterse en numerosas de categoría xeral ou, no seu caso, á hora de pasar a categoría especial.

Galicia foi a primeira comunidade autónoma de España en permitir á familia con fillos concibidos, pero aínda non nados, beneficiarse do que lles corresponderá tan pronto nazan.

Onde podo solicitalo?

A través da sede electrónica da Xunta: Procedemento BS423A.

Presencialmente nalgunha das delegacións territoriais da Xunta.

Documentación necesaria:

  • Impreso de solicitude.
  • Orixinal do Libro de Familia.
  • Orixinais dos DNI ou NIE.
  • Certificado orixinal de empadroamento.
  • Certificado médico acreditando embarazo ou posible data de parto