Inicio > Áreas > Inclusion Social > Proxecto FAIN

Proxecto FAIN

 O obxectivo principal do proxecto FAIN é ofrecer apoios a familias con nenos menores de 18 anos que reciben o Ingreso Mínimo Vital ou a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) nas principais cidades galegas e en zonas rurais.
 
O proxecto ofrecerá apoios ás familias en tres áreas: o paquete de apoio social, o paquete de apoio educativo e o paquete de inclusión activa. Para iso, no proxecto participarán en máis de 3.400 familias, que a través dun sorteo realizado polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones serán divididas en dous grupos.

 

En que consiste?

As actividades poderán ser de tres tipos:      

- Paquete de apoio social: este apartado consta de cursos en saúde e coidados; axudas económicas para gastos sanitarios; cursos para mellorar a calidade de vida no fogar; axudas económicas para a vivenda; axudas económicas para reparacións no fogar; axudas económicas para o pago de subministracións (auga, electricidade, gas); cursos de informática; cursos sobre o coidado dos fillos e actividades de participación comunitaria.

- Paquete de apoio educativo: apoio individual cos estudos, axudas económicas para material escolar e axudas económicas para actividades educativas extraescolares.

- Paquete de inclusión activa: cursos en distintos temas para axudarte a conseguir un emprego, sesións de orientación laboral, axudas económicas para a conciliación laboral.

Os servizos e axudas que recibirá cada familia no seu itinerario personalizado dependerán das necesidades que se identifiquen no diagnóstico inicial que realizará cada familia xunto co equipo profesional.

Onde se leva a cabo?

O proxecto desenvolverase nos concellos de Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e nas seguintes áreas rurais:

1.     Concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón, Saviñao e Sober.

2.    Concellos de Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, A Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandias, Sarreaus, Trasmirás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

3.     Concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Canto dura?

O proxecto durará desde decembro de 2022 a outubro de 2023. Se a súa familia forma parte do grupo con actividades, recibirá apoios do proxecto durante un máximo de 10 meses; se participa no grupo sen actividades, deberá realizar dúas entrevistas de avaliación ao principio e ao final do proxecto.

Que beneficios teño ao participar neste proxecto?

As familias participantes no grupo con actividades poderán recibir os apoios do proxecto FAIN.

As familias participantes no grupo sen actividades recibirán unha compensación económica de 25,50€ (previsiblimente en forma de cheque ou similar) cando realicen a primeira entrevista de avaliación, e 25,50€ cando realicen a segunda aos 10 meses (51 € en total). 

Como podo participar?

Unha vez firme o documento de consentimento informado, a súa familia será introducida no sorteo de selección de familias participantes que se celebrará en decembro de 2022, no que se formarán os dous grupos (familias con e sen apoios do proxecto FAIN).

A participación no proxecto é voluntaria. Quen decida participar deberá realizar as actividades indicadas (grupo con actividades) e as dúas enquisas previstas (tanto os do grupo con actividades como os do grupo sen actividades).

Os participantes terán dereito a saír do proxecto cando desexen, no caso de facelo deberán comunicarllo ao profesional de referencia ou enviar un correo electrónico a proxectopilotofain@xunta.gal (para máis información e resolución de dúbidas sobre o proxecto tamén pode contactar coa Consellería de Política Social e Xuventude a través de dito email).

Quen o leva a cabo?

Para facer posible este proxecto, o Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e a Xunta de Galicia (a través da Consellería de Política Social e Xuventude) firmaron un convenio, financiado cos fondos europeos para a recuperación despois da pandemia da COVID-19 (Next Generation EU).

Protección de datos

Os datos persoais que a Xunta e o Ministerio recollan durante o proxecto servirán para avalialo e coñecer a súa eficacia.

Coa sinatura do documento de consentimento informado acéptase que estes datos sexan recollidos e gardados durante cinco anos por estas dúas administracións.

Outros organismos públicos poderán enviarnos datos seus que sexan necesarios para poder avaliar o proxecto.

En calquera caso, estes datos serán anónimos e estarán protexidos xunto co resto pola Lei 19/2021, de 20 de decembro, pola que se establece o Ingreso Mínimo Vital.

(Xunta). vicesx.politicasocial@xunta.gal (Ministerio) ou a dpd@inclusion.gob.esSe en algún momento desexa consultar os seus datos, modificalos, eliminalos, restrinxilos ou outras accións, ten dereito a facelo en base ás leis europeas e españolas que se indican más arriba. Para isto ten que escribir un correo electrónico a