Inicio > Áreas > Familia e infancia > Orientacion E Mediacion Familiar > Orientación familiar

Orientación familiar

A orientación familiar é un proceso de axuda, encamiñado a facilitar unha dinámica familiar positiva, a atopar solución de problemas e a impulsar toma de decisións. Este servizo pretende fortalecer o benestar e a calidade de vida das persoas no seo familiar.

A través dos Gabinetes de Orientación Familiar (GOF) trataranse todos os problemas que poidan xurdir nunha familia e por extensión nos membros que a compoñen, destacando:

  • Crises do ciclo vital da familia.
  • Situacións de conflito.
  • Viabilidade adaptativa do grupo familiar: apoio, protección e desenvolvemento.

E terá especial atención coa vulnerabilidade dos fillos.

Funcións:

  • A nivel informativo, favorecer unha mellor comprensión do medio e dos recursos sociais á disposición da familia.
  • A nivel educativo, proporcionar aos pais os medios necesarios para un desenvolvemento integral das súas funcións.
  • A nivel de asesoramento ou preparación ante as distintas etapas ou situacións polas que pasan as familias.
  • A nivel de tratamento e solución de conflitos, para superar os dinamismos disfuncionais das familias, facendo posible o seu progreso e a súa adaptación.

Gabinetes de Orientación Familiar

Podes encontrar os Gabinetes de Orientación Familiar (GOF) nas seguintes localizacións:

Provincia Localidade Enderezo Teléfono
A Coruña A Coruña Rúa Gregorio Hernández, 2-4 - 15011 981185757
Lugo Lugo Ronda da Muralla, 70 | 27071 982294371
Ourense Ourense Rúa Sáenz Díez, 39 baixo - 32071 988386128
Pontevedra Vigo Concepción Arenal, 8, 1ª planta | 36201 986817085