Inicio > Áreas > Maiores e dependencia > Que Normativa Ten Dependencia > Normativa Estatal

Normativa Estatal

Nesta sección pode acceder á normativa legal referida á atención da dependencia e aos impresos oficiais para a solicitude de recoñecemento de grao e nivel de dependencia. Normativa dependencia: ordenada por data de publicación

Principais Acordos do Consello Territorial de Dependencia

  • Resolución do 23 de maio de 2007, do Imserso, pola que se publica o acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, pola que se establecen os acordos en materia de valoración da situación de dependencia.
  • Resolución do 16 de xullo de 2007, do Imserso, sobre o procedemento a seguir para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
  • Resolución do 2 de decembro de 2008, da Secretaría de Estado de Política Social, Familias e Atención á Dependencia e á Discapacidade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre determinación da capacidade económica do beneficiario e sobre os criterios e participación deste nas prestacións do Sistema.
  • Resolución do 2 de decembro de 2008, da Secretaría de Estado de Política Social, Familias e Atención á Dependencia e á Discapacidade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e  Atención á Dependencia, sobre criterios comúns de acreditación para garantir a calidade dos centros e servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
  • Resolución do 4 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre criterios comúns de acreditación en materia de formación e información de coidadores non profesionais.
  • Resolución do 4 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre obxectivos e contidos comúns da información do Sistema de información do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
  • Resolución do 21 de maio de 2009, do Imserso, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 8 de maio, pola que se aproba o marco de cooperación interadministrativa e criterios de reparto dos créditos da Administración Xeral do Estado para a financiación durante 2009 do nivel acordado, previsto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promociòn da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Convenios de colaboración entre a AXE e a C.A de Galicia

  • Convenio de colaboración do 6 de abril de 2009 entre a Administración Xeral do Estado, a través do Imserso, e a Comunidade Autónoma de Galicia en canto á execución de créditos para dependencia derivados do Fondo Especial do Estado para a Dinamización da Economía e do Emprego creado polo RDL 9/2008, do 28 de novembro.
  • Convenio de colaboración do 20 de decembro de 2007 entre a Administración Xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento do marco de cooperación interadministrativa, previsto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e para o establecemento e financiación do nivel de protección acordado.