Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal *
Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal (SGAMP)
PROCEDEMENTO: BS660A
O Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal é un servizo de transporte adaptado, programado e non urxente, para traslados puntuais, que ten como finalidade facilitar a mobilidade das persoas que se encontren en situación de discapacidade e/ou dependencia e imposibilidade de utilización de transporte público colectivo e favorecer o seu acceso, en condicións de igualdade efectiva, aos servizos e recursos que faciliten a promoción da súa autonomía persoal, así como a súa participación no contorno habitual.
En canto aos requisitos (artigo 3), para a obtención da condición de persoa usuaria, con carácter xeral, son os seguintes:
- Residencia en Galicia
- Ter recoñecida situación de dependencia, ou ben de discapacidade de grao igual ou superior ao 75 %.
- Ter recoñecida imposibilidade de utilización de transporte público colectivo, motivada polas ditas situacións, en función dos criterios do anexo 2 do Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, do procedemento para o recoñecemento da declaración e cualificación do grao de discapacidade (A: cadeira de rodas; B: dependencia absoluta de dous bastóns; C: condutas agresivas ou molestas de difícil control a causa de graves deficiencias intelectuais que dificulten a utilización de medios normalizados de transporte; D-H: puntuación segundo dificultades de mobilidade -mínimo 7 puntos-).
O procedemento debe iniciarse (artigo 6) mediante solicitude do interesado/a dirixida á xefatura territorial da Consellería de Política Social (modelo: Anexo I).
Prestación do servizo:
Os usuarios/as solicitarán os traslados chamando ao número 065.
A concesión de cada servizo realizarase en función dos criterios establecidos no decreto (entre outros, artigos 1, 2, 5 e disposición adicional 1ª).
Acceso ao procedemento BS660A (sede electrónica):
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS660A
Regulación: Decreto 99/2014, do 24 de xullo, polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia (DOG núm. 149 do 07/08/2014).
Nel establécense o obxecto e finalidade, os requisitos para obter a condición de usuario/a e o procedemento, así como o réxime da prestación.