Autorización de centros e programas
- Creación e construción de centros
-
A autorización de creación/construción de centros ten por finalidade a adecuación do proxecto técnico de construción ou reforma do inmoble á normativa específica que lle resulta aplicable, segundo a tipoloxía do centro que se pretenda crear, os servizos que se vaian prestar e as persoas destinatarias deste.
- Inicio de actividade de centros e programas
-
A autorización de inicio de actividade ten por finalidade comprobar que os centros ou programas que se van poñer en funcionamento dispoñen dos medios materiais, persoais e funcionais específicos para o correcto desenvolvemento dos servizos sociais que se pretenden prestar.
Acceso ao procedemento de inicio de actividade de centros e programas
- Inicio de actividade de servizos complementarios
-
A autorización de inicio de actividade de servizos complementarios ten por finalidade comprobar a adecuación das instalacións, a súa compatibilidade co uso principal e que dispoñen das condicións e requisitos definidos na normativa sectorial que os regula.
Acceso ao procedemento de inicio de actividade de servizos complementarios
- Modificación substancial de centros ou programas
-
As modificacións substanciais dun centro ou programa requirirán a obtención da autorización administrativa con carácter previo á súa realización.
- Para estes efectos, considéranse modificacións substanciais dun centro ou programa:
- Os cambios producidos no proxecto técnico da obra, unha vez obtida a autorización de creación ou construción do centro.
- Aqueles cambios na estrutura do centro ou do programa que xa se atopa en funcionamento, sempre que impliquen algunha das seguintes circunstancias:
- Supoñan unha alteración funcional ou cambio de usos nas instalacións autorizadas.
- Supoñan unha ampliación das prazas ou unha ampliación ou redución das unidades autorizadas.
- Supoñan o traslado da instalación de referencia do programa autorizado a outra situación. Os traslados de centros autorizados a unha instalación diferente requirirán, en todo caso, unha nova autorización de creación e de inicio de actividade.
Acceso ao procedemento de modificación substancial de centros e programas
- Cesamento de actividades de centros e programas
-
As autorizacións de cesamento de actividades garanten que a interrupción ou cesamento de actividades se leve a cabo respectando os dereitos das persoas usuarias.
Para o cesamento das actividades dun centro ou programa, tanto temporal como definitivo, xa sexa parcial ou total, será preceptiva a obtención da correspondente autorización.
Para estes efectos, entenderase:
- Por cesamento temporal e parcial, a interrupción durante un prazo determinado da prestación dalgún dos servizos nun centro ou programa autorizado.
- Por cesamento temporal e total, a interrupción de todas as prestacións durante un período determinado que non respondan a condicións de funcionamento normais e propias da tipoloxía do centro ou programa.
- Por cesamento definitivo e parcial, a interrupción dalgún dos servizos de forma permanente mentres continúan prestándose outros.
- Por cesamento definitivo e total, a finalización das actividades do centro ou programa autorizado.
Acceso ao procedemento de cesamento de actividades de centros e programas
- Asesoramento na creación de centros
-
As entidades que conten cun proxecto técnico para a creación dun centro de servizos sociais, teñen a posibilidade de obter un informe previo emitido pola Subdirección Xeral de Proxectos e Accesibilidade sobre o cumprimento da normativa vixente que lle sexa aplicable de acordo coa súa tipoloxía.
Este asesoramento é gratuíto, terá carácter informativo e non vinculante e realizarase en función dos datos facilitados.
As entidades interesadas neste estudo, deben presentar unha solicitude acompañada da seguinte documentación:
- Memoria explicativa da ubicación, do tipo de centro que se pretende crear, do tipoloxía ou perfil dos usuarios aos que se dirixe, do programa a desenvolver nas instalacións, dos servizos que se pretenden prestar e unha estimación sobre a capacidade do centro ou número de prazas.
- Como mínimo, plano a escala con distribución de usos e espazos.
Este asesoramento pode solicitarse presentando unha solicitude xenérica na Sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixida á Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, dependente da Secretaría Xeral Técnica.