Servizos sociais comunitarios
Os servizos sociais comunitarios, son de carácter predominantemente local, están referidos a un territorio e a unha poboación determinados e constitúen o punto de acceso normalizado e tamén o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, define e regula o sistema galego de servizos sociais. Os servizos sociais comunitarios son o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos estratéxicos do sistema.
Configúranse como servizos de carácter integrador, o que os constitúe na principal instancia do sistema para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral; e poden ter a consideración de básicos ou específicos, sendo con carácter xeral de competencia municipal.
- servizos sociais comunitarios básicos
-
Teñen un carácter local, aberto e polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, co que garante a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas e aos ámbitos familiar e social.
Desenvolveranse desde os centros de servizos sociais por medio de equipos interdisciplinares e coa estrutura organizativa que estableza a administración titular do servizo.
Programas e servizos sociais comunitarios básicos:
- Programa de valoración, orientación e información
- Servizo de axuda no fogar (SAF)
- Servizo de educación e apoio familiar
- Programa básico de inserción social
- Programa de fomento da cooperación e solidariedade social
- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2019 pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2018 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
- servizos sociais comunitarios específicos
-
Estes servizos sociais comunitarios específicos desenvolverán programas e xestionarán centros orientados a colectivos con problemáticas específicas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado. Sen prexuízo da súa dedicación a colectivos ou problemáticas concretas, actuarán, como servizos de proximidade, no medio vital das persoas destinatarias, favorecendo o mantemento dos seus vínculos familiares e comunitarios, a súa autonomía e calidade de vida.
Están dirixidos a un sector da poboación ou a unha necesidade determinada que demandan unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal.Programas e servizos dos servizos sociais comunitarios específicos
Programa específico de xestión de centros autorizados de inclusión e emerxencia social
Programa específico de inclusión social dirixido a persoas sen fogar
Programa específico de inclusión social dirixido a persoas inmigrantes
Programa específico de inclusión social dirixido a persoas emigrantes retornadas
Programa específico de inclusión social dirixido a persoas da comunidade xitana
Programa específico de prevención e inclusión social dirixido a persoas en risco de exclusión doutras minorías socialmente vulnerables
Programa específico de inclusión social dirixido, de xeito integrado, a persoas en risco de exclusión de varios colectivos socialmente vulnerables diferentes
Programa específico de atención a persoas con limitacións na súa autonomía e ás súas persoas coidadoras, mediante servizos de atención diúrna e nocturna
Programa específico de atención a persoas con discapacidade
Programa específico de apoio psicosocial e familiar vinculado á atención temperá
Programa específico de atención a persoas maiores mediante equipamentos e servizos que faciliten a prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal mediante o envellecemento activo e solidario
Programa específico de atención á primeira infancia en centros e instalacións que posibiliten a conciliación da vida laboral e familiar
Programa específico de asesoramento, atención e orientación a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
Programa específico de atención a menores de idade en situación de risco ou conflito social
Programa específico de aloxamento alternativo
Programa específico de convivencia alternativa
Programa de xestión doutros equipamentos sociais non residenciais que presten servizos sociais de proximidade
Normativa aplicable
- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63 do 30/03/2012)
- Decreto 148/2014, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 228 do 27/11/2014)
- Plan Concertado. Convenio entre o Ministerio de Asuntos Sociais e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento ds prestacións básicas de servizos sociais das corporacións locais (BOE nº 163 do 08/07/1988)