
As escolas infantís
As escolas infantís son centros educativos dirixidos a nenos e nenas de 0 a 3 anos, nos que se desenvolve o primeiro ciclo de educación infantil. Ademais da súa función educativa, ofrecen un servizo que facilita a conciliación da vida familiar e laboral durante 11 meses ao ano.
Desde 2022, as escolas infantís de Galicia son gratuítas para todas as familias, tanto nas públicas como nas privadas e nas de iniciativa social. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en implantar esta medida.
Para beneficiarse da gratuidade non é necesario realizar ningún trámite: é a propia escola infantil a que formaliza a súa adhesión ao programa e debe anuncialo publicamente. Na actualidade, a práctica totalidade das escolas infantís de Galicia están adheridas.
- Relación de escolas infantís da rede pública autonómica
-
A rede de escolas infantís públicas autonómicas está integrada por centros dependentes de dúas entidades:
- Como se accede ás escolas da Xunta?
-
Hai dous procesos segundo a entidade da que dependen:
- Acceso ás escolas infantís da Axencia Galega de Servizos Sociais
-
► Solicitude electrónica (preferente):
- Solicitude de novo ingreso
- Solicitude de renovación de praza
- Solicitude para escolas reservadas a persoal da Xunta
► Solicitude presencial:
Pode presentarse en calquera dos lugares e rexistros oficiais cubrindo os seguintes impresos:
- Acceso ás escolas infantís do Consorcio - Galiña Azul
-
► Solicitude electrónica (preferente):
► Solicitude presencial:
Pode presentarse en calquera dos lugares e rexistros oficiais cubrindo os seguintes impresos:
- Prezo dos servizos complementarios
-
A Xunta financia o 100% da atención educativa. As familias que desexen servizos complementarios, como comedor ou horario ampliado, aboarán en función da súa renda:
Aplicaranse os seguintes descontos:

- Prazos de matriculación
-
A Xunta de Galicia abre o martes 17 de marzo de 2026 o período de solicitude de praza nas escolas infantís da rede pública autonómica.
- Como formalizo a matrícula unha vez admitido?
-
Unha vez publicadas no DOG (Diario Oficial de Galicia) as listas definitivas de admitidos, as familias deberán presentar o impreso de matrícula a través da sede electrónica da Xunta ou na escola infantil na que obtiveron praza.
- No caso de admisión fóra do prazo ordinario por existencia de vacantes, disporase de 10 días hábiles desde o día seguinte á notificación para formalizar o trámite.
É imprescindible realizar a matrícula dentro do prazo e achegar unha copia da cartilla de vacinación conforme ao calendario de vacinación infantil de Galicia; en caso contrario, a solicitude decaerá.
► Impresos de matrícula:
- Matrícula nas escolas da AGASS (procedemento BS402A e BS402F)
- Matrícula nas escolas da rede Galiña Azul (procedemento BS404A e BS404B)
- Matrícula para fillos/as do persoal da Xunta (procedemento BS402B)
Os impresos tamén se obteñen nas propias escolas infantís.
Ligazóns relacionadas:
Adxuntos:
- DOG acceso escolas infantís AGASS
- DOG acceso escolas infantís Consorcio - Galiña Azul
- DOG acceso escolas infantís de persoal da Xunta
- Relación de escolas infantís AGASS
- Relación de escolas infantís Consorcio - Galiña Azul
- Baremo acceso escolas infantís AGASS
- Baremo acceso escolas infantís Consorcio - Galiña Azul
- Solicitude novo ingreso AGASS
- Solicitude novo ingreso Consorcio - Galiña Azul
- Renovación praza AGASS
- Renovación praza Consorcio - Galiña Azul
- Contas AGASS - 2024
- Informe auditoría contas AGASS - 2024
- Novo ingreso/renovación fillos/as do persoal da Xunta