Programas de acollemento

O acollemento é a integración dun neno, nena ou adolescente nunha familia de acollida ou nun centro de acollemento residencial porque non poden convivir cos seus pais ou non é conveniente.

Hai varios tipos de acollemento.

Acollemento familiar:

  • O acollemento familiar, un recurso de protección de menores no que pasan a convivir e ser coidados por unha familia distinta á súa.
  • O acollemento en familia extensa, no que o menor pasa a convivir e ser coidado por algún dos membros da súa propia familia. Esta é a forma de acollemento prioritaria para a Administración.
  • O acollemento en familia allea, cando non é posible ou conveniente que o menor conviva cos seus pais ou coa súa familia extensa. Esta modalidade non implica que o menor rompa relacións cos seus pais biolóxicos nin coa familia extensa, xa que o contacto mantense a través de visitas programadas.

Acollemento residencial:

  • O acollemento residencial ten por finalidade prestar atención nun centro de protección a aqueles menores que, por distintas circunstancias socio-familiares, necesitan ser separados temporalmente do seu núcleo familiar, e para os que non é viable a utilización doutro recurso.