Escolas infantís 0-3

Escolas infantís da Xunta

As escolas infantís

As escolas infantís son centros educativos dirixidos a nenos e nenas de 0 a 3 anos nos que se desenvolve o primeiro ciclo de educación infantil. Ademais da súa función educativa, ofrecen un servizo que facilita a conciliación da vida familiar e laboral durante 11 meses ao ano.

Desde 2022, as escolas infantís de Galicia son gratuítas para todos os nenos e nenas, tanto nas escolas infantís públicas como nas privadas ou nas de iniciativa social. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en implantar esta medida.

 

Relación de escolas infantís da rede pública autonómica

 

A rede de escolas infantís públicas autonómicas está integrada por centros dependentes de dúas entidades:

Como se accede ás escolas da Xunta?

 

Hai dous procesos segundo a entidade da que dependen:

Acceso ás escolas infantís da Axencia Galega de Servizos Sociais

► Solicitude electrónica (preferente):

 

► Solicitude presencial:

Pode presentarse en calquera dos lugares e rexistros oficiais cubrindo os seguintes impresos:

Acceso ás escolas infantís do Consorcio - Galiña Azul

► Solicitude electrónica (preferente):

 

► Solicitude presencial:

Pode presentarse en calquera dos lugares e rexistros oficiais cubrindo os seguintes impresos:

Prezo dos servizos complementarios

 

A Xunta financia o 100% da atención educativa. As familias que desexen servizos complementarios, como comedor ou horario ampliado, aboarán en función da súa renda:

prezo dos servizos complementarios

Aplicaranse os seguintes descontos:

descontos

Prazos de matriculación

 

Presentación de solicitudes: do 17 de marzo ata o 7 de abril de 2026

caledario prazo

Como formalizo a matrícula unha vez admitido?

 

Unha vez publicadas no DOG (Diario Oficial de Galicia) as listas definitivas de admitidos, as familias deberán presentar o impreso de matrícula a través da sede electrónica da Xunta ou na escola infantil na que obtivesen praza.

  • No caso de admisión fóra do prazo ordinario por existencia de vacantes, disporase de 10 días hábiles desde o día seguinte á notificación para formalizar o trámite.

É imprescindible realizar a matrícula dentro do prazo e achegar unha copia da cartilla de vacinación conforme ao calendario de vacinación infantil de Galicia; en caso contrario, a solicitude decaerá.

Os impresos de matrícula poden atoparse nos documentos anexos ao final ou nas propias escolas infantís.