Carné Familiar

O carné familiar é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición dos membros das familias numerosas que lles permite obter vantaxes ou descontos nos establecementos colaboradores neste programa.

Quen se pode beneficiar deste carné?

Pódese beneficiar deste carné calquera membro dunha familia numerosa de Galicia que, cumprindo os requisitos necesarios para estar incluídos dentro do título oficial de familia numerosa, soliciten a expedición do carné familiar. 

Requisitos

  • Formar parte dunha familia numerosa.
  • Cubrir o impreso de solicitude do Carné familiar.

Dereitos e obrigas dos titulares

Os titulares do carné familiar terán dereito a:

  • Beneficiarse das vantaxes e descontos das entidades que colaboran.
  • Un exemplar da Guía de Recursos e Servizos por unidade familiar, que se entregará de balde.

Cómpre salientar que calquera titular do carné familiar deberá identificarse, se a entidade colaboradora o solicita, mediante a presentación do DNI e, no caso dos menores, co título de familia numerosa ou fotocopia compulsada deste.

Entidades colaboradoras

Pode consultar o listado de entidades colaboradoras do Carné familiar nos seguintes enlaces:

Estas entidades achegarán beneficios ou descontos aos posuidores do carné. Deben ter un adhesivo identificador colocado nun lugar visible para dar a coñecer a súa colaboración co programa. As vantaxes son determinadas por cada establecemento e non son acumulables a outras ofertas, rebaixas, promocións, etc.

Como o solicito?

Tanto para solicitar o Carné familiar como para renovalo debe cumplimentar o respectivo formulario e envialo escaneado por correo electrónico a carnefamiliargalego@xunta.gal

Se ten algunha dúbida ou suxestión pode chamar ao teléfono 981 957 027.

Validez

O Carné familiar ten a mesma vixencia que o título de familia numerosa.