
Axudas para persoas con ELA
A Xunta de Galicia convoca a liña de axudas directas para apoiar ás persoas diagnosticadas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) ou os seus fenotipos en Galicia, co obxectivo de sufragar os custos derivados da atención, coidados e adaptacións que require esta enfermidade.
Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en contar cunha axuda directa para as persoas con ELA.
A axuda é de ata 12.000 euros ao ano por persoa beneficiaria.
Esta axuda é compatible coas prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) e con calquera outra axuda pública destinada á mesma finalidade.
- Requisitos
-
- Ter un diagnóstico clínico acreditado de ELA ou calquera dos seus fenotipos.
- Levar 6 meses residindo e empadroado en Galicia.
-
Ter recoñecida ou solicitada a situación de dependencia ou cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Que gastos se subvencionan?
-
Subvenciónanse múltiples gastos no caso de que non estean xa cubertos polo sistema público de saúde ou mutua correspondente. Exemplos de gastos que poden ser xustificables:
- Mobilidade persoal: andadores, cadeiras de rodas, guindastres
- Produtos de aseo e coidado persoal: cremas, roupa adaptada
- Equipos médicos: inhaladores, tensiómetros, exercitadores físicos e respiratorios
- Adaptación do mobiliario: camas articuladas, mesas regulables, barras de apoio
- Obras de accesibilidade na vivenda: ascensores, ramplas ou domótica
- A compra dun vehículo adaptado ou a adaptación do mesmo
-
Servizos profesionais como fisioterapia, logopedia, coidadores
- Documentación necesaria
-
- Formulario de solicitude.
- Informe médico oficial que certifique o diagnóstico de ELA.
-
Certificado de empadronamento e estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.