Programa BÁSICO

Logos Fondos Europeos

 

Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico), cofinanciado pola Unión Europea

Programa dirixido a familias con menores ao seu cargo en situación de pobreza severa, que consiste na entrega de tarxetas ou vales para a compra de produtos de primeira necesidade.

Como funciona?

O programa consiste na entrega de tarxetas ou vales (físicos ou electrónicos) ás familias beneficiarias, que poderán empregar para mercar produtos de primeira necesidade, como:

  • Alimentos.
  • Produtos de hixiene persoal (xabón, champú, pasta de dentes...).
  • Produtos de hixiene feminina menstrual.
  • Cueiros infantís e outros produtos de asistencia material básica.

Medidas de acompañamento:

Ademais da axuda material, todas as familias participantes reciben, como mínimo, unha medida de acompañamento orientada a favorecer a súa inclusión social, que pode incluír:

  • Información sobre os recursos e prestacións sociais dispoñibles e sobre como acceder a eles.
  • Derivación aos servizos sociais, educativos, sanitarios ou a outros recursos especializados.
  • Asesoramento para a xestión do orzamento familiar.
  • Promoción de hábitos de alimentación saudable e educación socioeducativa.

Quen pode solicitalo?

As familias con menores ao seu cargo que se atopen en situación de pobreza severa e que cumpran os requisitos establecidos na normativa reguladora (dispoñible ao final da páxina).

Onde se tramita?

As solicitudes tramítanse a través dos servizos sociais comunitarios do concello de residencia, que serán os encargados de valorar o cumprimento dos requisitos de acceso ao programa.

Cal é a contía?

Nº membros
 da familia*

Contía
 mensual

Contía total
 (12 meses)

2 persoas

130 €

1.560 €

3 persoas

160 €

1.920 €

4 persoas

190 €

2.280 €

5 ou máis persoas

220 €

2.640 €

  

 

 

 

 

 

 

 

*Número de membros da unidade familiar ou de convivencia (sendo menor de idade polo menos un deles).

 

Información do programa:

  • Obxectivo político: Unha Europa máis social e inclusiva, mediante a aplicación do Pilar Europeo de Dereitos Sociais.
  • Prioridade: Loita contra a privación material, apoiando ás persoas máis desfavorecidas no marco do obxectivo específico establecido no artigo 4.1.m) do Regulamento do FSE+.
  • Obxectivo específico: ESO 4.13: Loita contra a privación material.
  • Campo de intervención: 164. Emendar as carencias materiais das persoas máis desfavorecidas mediante a provisión de alimentos ou asistencia material, incluídas medidas de acompañamento.
  • Órgano xestor: Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión, Consellería de Política Social e Igualdade, Xunta de Galicia 

Documentos oficiais relacionados: