Benestar en Balnearios

A Xunta de Galicia volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Unha experiencia única de saúde, descanso e lecer destinada a persoas maiores de 60 anos de Galicia.

En que consiste?

Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia desde xullo ata decembro de 2025.

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos, xunto a un acompañante.

No caso de ter un fillo/a con discapacidade igual ou superior ao 33% tamén podería acompañar.

Cal é o prazo de inscrición?

Do 17 de xuño ata o 16 de xullo de 2025.

Como e onde se solicita praza?

Cal é o custo?

A tarifa varía en función do establecemento escollido. Consulta os prezos no folleto informativo.

A Xunta de Galicia financia ata o 50% do custo total.

Como confirmo a reserva?

Tan pronto se reciba confirmación oficial da concesión da praza, débese contactar co balneario escollido directamente para reservar a quenda cun depósito de 30 euros, o importe restante aboarase á chegada.