Inicio > Áreas > Inclusion Social > Axudas e prestacións > Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de inclusión social (AIS)

As axudas de inclusión social son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias valoradas tecnicamente en situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, así como atender as situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social.

Están destinadas a sufragar gastos extraordinarios e urxentes e, se é o caso, a financiar actuacións de acompañamento ou reforzo de carácter excepcional vinculadas ás medidas de apoio dos diferentes tramos da Renda de inclusión social de Galicia (Risga).

As persoas ou unidades de convivencia perceptoras destas axudas vincularanse a proxectos de traballo social ou socioeducativos desenvolvidos desde os servizos sociais comunitarios, que se responsabilizarán do seu seguimento.

Tipos de axudas de inclusión social

As axudas de inclusión social, segundo a súa finalidade, poderán ser dos seguintes tipos:

  1. Vinculadas ao uso da vivenda: son as destinadas a posibilitar que se continúe habitando a vivenda habitual cando ese feito favoreza o proceso de inclusión. Comprenden axudas para o pagamento de débedas de alugamento e conceptos similares que impidan o desafiuzamento e a perda de subministracións básicas dela ou que reforcen o proceso de tránsito a unha vivenda normalizada de persoas residentes en chabolas ou infravivendas.
     
  2. Vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual: destinaranse á adecuación da vivenda, así como a mellorar a súa accesibilidade, co fin de adaptala ás circunstancias físicas da persoa usuaria.
     
  3. Destinadas ao equipamento mobiliario básico da vivenda.
     
  4. Axudas para a atención de necesidades primarias de alimentación, vestido e enxoval doméstico.
     
  5. Axudas para a atención sanitaria e sociosanitaria non cubertas polos sistemas públicos de saúde e de servizos sociais, cando se trate de tratamentos, elementos protésicos ou axudas técnicas que sexan decisivos para evitar un déficit sensorial, de mobilidade, de saúde ou unha situación persoal de desvantaxe que impida ou dificulte gravemente o proceso de integración social.
     
  6. Axudas para gastos causados por actuacións complementarias e de acompañamento vinculadas aos itinerarios de inclusión social e formación.
     
  7. Axudas para gastos extraordinarios derivados de procesos de axuste persoal, especialmente nos casos de trastornos relacionados coa drogodependencia 
Requisitos
  • Ser maior de idade.
  • Estar empadroado ou empadroada e ter residencia constatada polos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non dispor de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación que xustifica a solicitude da axuda.

Con carácter xeral só se poderá conceder unha axuda de inclusión social do mesmo tipo por ano.

Para o cumprimento do requisito de carecer de ingresos ou rendas suficientes:consideraranse ingresos insuficientes cando non sexan superiores ao 125% do importe do tramo persoal e familiar da renda de inclusión que lle correspondería á unidade de convivencia.

 

Límites RISGA

Limites AIS

Núm. convivintes

sen menores*

con menores**

sen menores*

con menores**

1 (Ingreso mínimo)

469,20

586,50

2 (Ing. mínimo + 14% IPREM)

556,80

696,00

3 (Ing. mínimo + 26% IPREM)

631,80

789,75

4 (Ing. mínimo + 36% IPREM)

694,20

867,75

5

720,00

756,60

900,00

945,75

6

720,00

810,00

900,00

1.012,50

7

720,00

810,00

900,00

1.012,50

*  Límite máximo  sin menores (120% IPREM) =720,00

** Límite máximo con menores (135% IPREM) =810,00
Contías das AIS para 2023

Para determinar o importe dos distintos tipos de axudas de inclusión social atenderase ao seguinte cadro:

Tipo de axuda

Límite importes

Límite temporal

Vinculadas ao uso da vivenda

2,6 IPREM

1.560,00

cada 2 anos

Vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda

10,40 IPREM

6.240,00

cada 5 anos

Equipamento mobiliario básico da vivenda

2,09 IPREM

1.254,00

cada 2 anos

Atención das necesidades primarias de alimentación, vestido e enxoval doméstico

2,09 IPREM

1.254,00

cada 2 anos

Atención sanitaria e sociosanitaria non cuberta polo sistema público de saúde e de servizos sociais

2,09 IPREM

1.254,00

cada 2 anos

Actuacións complementarias e de acompañamento vinculadas aos itinerarios de inclusión social e formación

2,09 IPREM

1.254,00

cada ano

Gastos extraordinarios derivados de procesos de axuste persoal

2,09 IPREM

1.254,00

cada ano

Subsidiaridade e Incompatibilidades

As axudas de inclusión social vinculadas ao uso da vivenda e á mellora da habitabilidade da vivenda habitual son subsidiarias daquelas que lles poidan corresponder ás persoas no marco das medidas específicas de promoción da vivenda social e similares desenvolvidas por calquera administración pública.

As axudas de inclusión social para a atención de necesidades primarias e para a atención sanitaria e sociosanitaria terán carácter subsidiario con respecto a calquera outra axuda ou prestación pública destinada á mesma finalidade.

As axudas de inclusión social para actuacións complementarias e de acompañamento vinculadas aos itinerarios de inclusión social e formación e as axudas para gastos extraordinarios derivados de procesos de axuste persoal son complementarias da renda de inclusión social de Galicia.

Solicitude

Axudas de inclusión social (AIS) – BS618D

sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS618D

Onde solicitar unha AIS
  • Servicios sociais comunitarios básicos do concello de residencia.
  • Xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia de residencia.

A Coruña

Lugo

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

Espazo Amizar

Gregorio Hernández, 2

15011 A Coruña

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

Ronda de la Muralla, 70

27071 Lugo

Ourense

Pontevedra

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

R/ Sáenz Díez, 33

32071 Ourense

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

R/ Concepción Arenal, 8

36201 Vigo (Pontevedra)

Normativa

Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG do 31 de decembro).

Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social (DOG nº: 43 do 1 de marzo).