A Xunta de Galicia conta con dúas residencias de tempo libre que poden ser utilizadas para estadías de colectivos ou entidades sen ánimo de lucro segundo a seguinte regulación.
- Residencia de tempo libre do Carballiño (O Carballiño)
- Residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán)
PROGRAMA DE VACACIÓNS EN FAMILIA:
Todos os veráns desenvólvese nestes centros o programa de Vacacións en familia, que consiste en estadías dunha semana (seis noites), en réxime de pensión completa, entre os meses de xuño e outubro.
NOVIDADE: O día 7/5/2026 abríu o prazo de solicitude para o programa de Vacacións en Familia 2026
- Quen pode participar?
-
Poden participar todas as persoas que formen parte da unidade familiar que teñan a súa residencia en España, así como os galegos residentes no exterior.
Cada unidade familiar poderá solicitar a través dunha persoa que a represente.
NOTA: Non se valorarán solicitudes que inclúan persoas que xa participasen nalgunha quenda da mesma residencia nos dous anos anteriores, salvo que queden prazas libres na súa quenda.
- Que servizos inclúe?
-
- Aloxamento: aloxamento de 6 noites con servizo de limpeza diaria incluída.
- Pensión completa: servizo de comedor en réxime de pensión completa -almorzo, xantar e cea-. Con menú único (adaptarase baixo solicitude derivada de prescrición médica, alerxias ou intolerancias).
- Cal é o prezo?
-
A Xunta conxelou os prezos un ano máis:
- TEMPADA ALTA: 37,26 € por persoa/día
- TEMPADA BAIXA: 27,95 € por persoa/día (a partir da 2ª quincena de setembro)
En ambas tempadas aplícanse descontos:
- 50% de desconto para nenos/as de ata 12 anos
- 30% de desconto para familias numerosas, monoparentais e acolledoras
- 50% para mulleres vítimas de violencia de xénero
- Distribución de prazas e quendas
-
A distribución das prazas farase por orde de entrada das solicitudes, dándolle prioridade ás familias numerosas, monoparentais, acolledoras e vítimas de violencia de xénero.
Poden solicitarse estadías para varias quendas.
Residencia
Mes
Quendas
NºPrazas ofertadas
Panxón
Xuño/Xullo
Do 27 de xuño ao 3 de xullo (6 noites)
60
Xullo
Do 5 ao 11 (6 noites)
60
Do 13 ao 19 (6 noites)
150
Do 21 ao 27 (6 noites)
Xullo/Agosto
Do 29 de xullo ao 5 de agosto (7 noites)
Agosto
Do 7 ao 14 (7 noites)
Do 16 ao 23 (7 noites)
Do 25 ao 31 (6 noites)
Setembro
Do 14 ao 20 (6 noites)
Do 22 ao 28 (6 noites)
O Carballiño
Xuño
Do 23 ao 29 (6 noites)
130
Xullo
Do 24 ao 30 (6 noites)
135
Agosto
Do 1 ao 7 (6 noites)
130
Do 9 ao 15 (6 noites)
Do 17 ao 23 (6 noites)
Do 25 ao 31 (6 noites)
Setembro
Do 2 ao 8 (6 noites)
100
Do 10 ao 16 (6 noites)
Do 18 ao 24 (6 noites)
Setembro/Outubro
Do 26 de setembro ao 2 de outubro
(6 noites)
- Como presento a solicitude?
-
Cada familia pode realizar unha soa solicitude a través dunha persoa representante.
A presentación será obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta entre o 7 e o 20 de maio de 2026.
- Se a primeira opción é a RTL do Carballiño, a solicitude debe dirixirse ao Departamento Territorial da Xunta en Ourense
- Se a primeira opción é a RTL de Panxón, a solicitude debe dirixirse ao Departamento Territorial da Xunta en Vigo
- Que documentación debo presentar?
-
- Copia do libro de familia ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada un dos fillos que se beneficien da estadía
- Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade familiar (debe ter unha antigüidade máxima de 6 meses)
- Anexo II, sobre comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, se é o caso
Así mesmo, no caso de encontrarse nos seguintes supostos ten que achegar esta documentación adicional:
- Se é unha familia de acollida ou ten a garda dun menor: Copia da resolución administrativa de garda con fins adoptivos ou acollemento familiar (só no suposto de ser expedida por outra administración distinta da Xunta)
- Se algún membro ten unha discapacidade: Certificado de discapacidade das persoas solicitantes e/ou dos acompañantes de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra administración pública distinta da Xunta de Galicia, a efectos de aplicar os descontos previstos na normativa que regula os prezos públicos.
- Se é unha familia monoparental: Copia do certificado de monoparentalidade, só no suposto de ser expedido por outra administración pública distinta da Xunta de Galicia.
- Se é familia vítima de violencia de xénero: Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Adxudicación de prazas
-
A adxudicación xeral de prazas efectuarase por rigoroso orde de entrada de solicitudes, se ben determinadas familias de especial consideración terán prioridade:
- As familias numerosas
- As familias monoparentais
- As familias acolledoras
- As familias vítimas de violencia de xénero
A resolución notificarase ás persoas solicitantes nos 10 días hábiles seguintes.
A Xunta dispón de 3 meses para resolver e notificar a resolución, desde o día de entrada da solicitude no rexistro.
As prazas que queden vacantes por renuncias ofertaranse ás persoas solicitantes que non obtivesen praza, seguindo a orde de adxudicación establecida.
- Como comprobar se son beneficiario dunha praza?
-
A relación de beneficiarios e quendas adxudicadas publicarase na sede electrónica da Xunta
- Acceda coas súas credenciais: Chave365, DNI electrónico, certificado dixital FNMT ou cl@ve
- Os beneficiarios aparecen identificados co número de expediente adxudicado pola Sede Electrónica ao formalizar a solicitude.
- Unha vez dentro da súa sede electrónica verá as últimas solicitudes presentadas, entre as que figurarán ás estadías en residencias de tempo libre.
Ligazóns relacionadas:
Adxuntos:
- CONVOCATORIA VACACIÓNS EN FAMILIA - 2026
- INSTRUCIÓNS - SOLICITUDE PARA ENTIDADES
- ORDE DE ACTUALIZACIÓN DE PREZOS
- DECRETO MODIFICACIÓN DECRETO 84/2012
- INSTRUCIÓNS PARA COMPROBAR NÚMERO DE EXPEDIENTE
- Listado de agarda Carballiño
- Listado de persoas axudicadas Carballiño
- Listado de agarda Panxón
- Listado de persoas adxudicadas Panxón