Inicio > Áreas > Familia e infancia > Protección da infancia > Antecedentes penais e sexuais

Antecedentes penais e sexuais

Modelo de Autorización de consulta dos antecedentes penais e sexuais para tramitación de expedientes de protección de menores

Na tramitación de distintos expedientes relacionados coa protección de menores, é necesario dispoñer dun certificado de antecedentes penais e/ou sexuais. Coa publicación da nova normativa de procedemento administrativo e de protección de menores (Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e Lei 1/96 de Protección Xurídica do menor) precísase que a Administración, obteña eses datos directamente dás Administracións competentes en base ao criterio de interoperabilidade.

A este respecto, as administracións habilitadas normativamente para a xestión de datos persoais requiren unha autorización expresa do interesado para compartir os datos, dada a natureza da petición. 

Por iso e ata tanto non se dispoña dun modelo normalizado, ponse a disposición do cidadán este formulario, a fin de dar resposta a esta necesidade.