Inicio > Consellería

Consellería

Benvidas e benvidos o novo portal Web de Política Social

Conselleira

A Conselleira

Fabiola García Martínez

Biografía

Naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ata a actualidade e desde decembro de 2016 era directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Consellería de Política Social.

Desde xuño de 2015 foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, ademais de concelleira delegada de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Promoción e Dinamización Económica e Cultura.

Ao longo da súa carreira profesional formou parte dos gabinetes das consellerías de Facenda, Economía e Industria e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Con anterioridade, traballou en prácticas no departamento de Dereito Fiscal nun despacho de avogados. Como formación complementaria, é máster en Dereito Empresarial polo Centro de Estudios Garrigues e diploma en EAP (English for Academic Purposes) pola University College London.