Renda de inclusión social de Galicia (RISGA)
A renda de inclusión social, tamén coñecida como Risga, é unha axuda económica pública da xunta de Galicia destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a aquelas persoas que carezan deles. Esta prestación ten como obxectivo acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral. Para iso ponse á súa disposición unha axuda económica e procesos personalizados de inserción, que contan co apoio do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.
Aínda que se pode solicitar de xeito particular desde a sede electrónica da Xunta, tamén se pode acudir aos servizos sociais do seu Concello ou do centro sanitario para que lla soliciten se así o ve necesario.
- Requisitos RISGA
-
As persoas que queiran recibir a Risga deben reunir os seguintes requisitos:
- Ter residencia efectiva e constatada polos servizos sociais responsables e estar empadroado ou empadroada en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma galega, polo menos durante os seis meses anteriores á presentación da solicitude de valoración. Computaranse para estes efectos os períodos de empadroamento sucesivo en distintos concellos galegos.
- Ter residencia legal.
- Ter máis de 25 anos.
- Dispor na unidade de convivencia de ingresos inferiores ao importe do tramo persoal e familiar que lle correspondería e, ademais, non dispor de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios suficientes para a subsistencia.
- Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de lles prestar alimentos de acordo coa lexislación civil.
Poderán ser beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia aquelas persoas que, segundo o informe do traballador social de referencia (o dos servizos sociais do seu Concello), se atopen en situación ou risco de exclusión social, aqueles dos que se verifique a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego.
É importante saber que se poderán valorar como persoas en situación de risco de exclusión social e, en consecuencia, incorporarse á Risga aquelas que obteñan ingresos da súa actividade laboral que sexan inferiores ao importe da suma do ingreso mínimo (434,27 €) máis os complementos familiares que lles correspondería percibir en concepto de tramo persoal e familiar.
Máis factores de exclusión tidos en conta para certificar unha condición de especial dificultade:
- Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de sustancias aditivas ou de calquera outra adición que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante
- Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero
- Ser unha persoa vítima de violencia doméstica
- Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %
- Ser inmigrante ou emigrante retornado
- Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores
- Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria
- Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda
- Pertencer a unha minoría étnica
- Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas
- Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual
- Calquera outro factor non previsto expresamente que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral.
-
- Contías da RISGA para 2022
-
A contía da renda de inclusión social de Galicia para 2022 consta dunha prestación mínima correspondente ao tramo persoal e un complemento correspondente ao tramo familiar.
ConceptosContías
TRAMO PERSOAL (75% IPREM) - Ingreso mínimo
469,20 €
COMPLEMENTO TRAMO FAMILIAR
1º (14% IPREM)
87,60 €
2º (12% IPREM)
75 €
3º e sg. (10% IPREM)
62,40 €
O límite máximo do complemento familiar en unidades de convivencia sen menores (120% IPREM) : 750€
Límite máximo do complemento familiar en unidades de convivencia con menores (135% IPREM) : 840€ - Subsidiaridade e Incompatibilidades
-
A renda de inclusión social de Galicia será subsidiaria e incompatible coas pensións non contributivas ou con calquera outra prestación ou pensión de contía igual ou superior a das ditas pensións.
Tampouco poderán acceder á renda de inclusión social de Galicia aquelas persoas que teñan a idade mínima establecida para que podan solicitar unha pensión non contributiva de xubilación.
Calquera outro ingreso, así como as pensións e prestacións de importe inferior ao da pensión non contributiva percibidas pola persoa solicitante da renda de inclusión social de Galicia, non impedirán o acceso a ela, pero descontaranse do seu importe, coas excepcións sinaladas na Lei 10/2013, do 27 de novembro.
Así mesmo, os ingresos, pensións ou prestacións percibidas por outras persoas integrantes da unidade de convivencia distintas da titular serán compatibles e deducibles do importe da renda nos termos sinalados na Lei 10/2013, do 27 de novembro.
- Obrigas dos perceptores dunha RISGA
-
As persoas beneficiarias da renda de inclusión social terán as seguintes obrigas:
- Relativas á percepción regular da prestación económica
- Relativas ao reintegro de cantidades indebidamente percibidas
- Relativas á información, comunicación e transparencia
- Relativas ao exercicio de dereitos
- Relativas aos ou ás menores e ás medidas previstas no proxecto de integración social e no convenio de inclusión sociolaboral
- Cantas outras obrigas deriven do obxecto e da finalidade da renda de inclusión social de Galicia
- Solicitude
- Onde solicitar unha RISGA
-
- Servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia.
- Xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia de residencia.
A Coruña
Lugo
Xefatura Territorial de Política Social
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Gregorio Hernández, 2-4,
15011 A Coruña
Xefatura Territorial de Política Social
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Ourense
Pontevedra
Xefatura Territorial de Política Social
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ SáenzDíez, 33
32071 Ourense
Xefatura Territorial de Política Social
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
- Normativa
-
Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG do 31 de decembro).
Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social (DOG do 1 de marzo).