Adopción

A adopción é unha medida de protección dirixida á persoa menor de idade en situación de desamparo, consistente na integración definitiva desta nunha unidade familiar distinta da súa familia de orixe.

A Xunta de Galicia promoverá a adopción dunha persoa menor cando, valorada a súa situación e circunstancias, se constate a inviabilidade da permanencia definitiva ou da reintegración na súa familia de orixe, responda ao interese daquela e constitúa a medida máis axeitada para atender as súas necesidades.

A adopción, constituída sempre xudicialmente, crea entre as persoas adoptantes e os/as nenos, nenas e adolescentes os mesmos dereitos e obrigas que a paternidade biolóxica e produce a extinción dos vínculos xurídicos entre a persoa adoptada e a súa familia anterior.

Correspóndelle á Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e dos Departamentos Territoriais a xestión dos procedementos de adopción no ámbito territorial de Galicia.

Trátase de atoparlle a mellor familia aos nenos, nenas ou adolescentes (en adiante NNA), e non de atopar un NNA para satisfacer a necesidade das familias. Por iso, a adopción é un proceso minucioso e meditado que ten como fin último o benestar do NNA. Así, as fases iniciais que ten o proceso de adopción son as seguintes:

FASES DO PROCESO DE ADOPCIÓN


Unha vez se acada a idoneidade para continuar o proceso de adopción, iníciase o procedemento para a adopción nacional ou para a adopción internacional. Aínda que non se pode manter abertos dous procedementos internacionais paralelos, si é posible ter á par un proceso nacional e outro internacional.

-Información sobre adopción nacional

-Información sobre adopción internacional

  MÁS INFORMACIÓN: https://adopcions.xunta.es/

Organismos Acreditados para a Adopción Internacional (OAA) con sede en Galicia: