Inicio > Áreas > Discapacidade > Recoñecemento do grao de discapacidade

Recoñecemento do grao de discapacidade

Solicitude de recoñecemento do grao de discapacidade

Certificado do grao de discapacidade

Trátase do documento que acredita a discapacidade das persoas.

Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.

Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

Se alcanzan unha porcentaxe igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros.

Lugar de presentación de solicitudes

Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

No caso de facelo de xeito presencial, pode facerse nas seguintes localizacións:

  • Rexistro do concello ao que correspondan os servizos sociais do domicilio da persoa solicitante.
  • Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Equipos de valoración e orientación (EVO)

Son  equipos multidisciplinares compostos por persoal con perfil de médico, de psicólogo e de traballador social que realizan as actuacións destinadas á valoración e cualificación da discapacidade, así como de orientación para a habilitación, rehabilitación e medidas destinadas a mellorar a vida das persoas con discapaidade.

Localizacións dos equipos de valoración:

Localidade

Enderezo

Teléfonos

Fax

A Coruña

Edificio administrativo de Monelos.

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008

981 182 501

981 182 502

981 182 503

981 182 525

Santiago

R/ Queixume dos Pinos nº2, Edificio CEGADI 15705

881 999 236

881 999 222

Ferrol

Edificio administrativo.

Praza Camilo José Cela, s/n. 154

981 337 232

981 337 234

981 337 235

981 337 238

Lugo

Rúa Serra dos Ancares, 68 baixo. 27003

982 889 145

982 889 133

982 889 163

Ourense

Rúa Sáenz Díez, 33. 32003

988 386 157

988 386 158

988 386 160

988 386 161

988 386 159

Pontevedra

Avenida de Vigo, 16. 36003

986 844 740

986 863 025

Vigo

Rúa Faisán,12 - 36205

 

886 120 710

 

886 120 733

VÍDEOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA.   

CUESTIONARIO

“Este cuestionario ten carácter voluntario, non é obrigatoria a súa presentación pero si recomendable. O obxectivo é coñecer e recoller a opinión do propio interesado sobre as dificultades concretas que presenta á hora de realizar as actividades cotiás da súa vida diaria e na súa contorna habitual. Debe presentalo cumprimentado o día da cita da valoración e será recollido polo técnico respectivo”