Inicio > Áreas > Familia e infancia > Escolas infantís 0-3

Escolas infantís 0-3

 Que son as escolas infantís?  

As escolas infantís son centros educativos que desenvolven o seu labor na etapa de 0 a 3 anos, primeiro ciclo da educación infantil. Proporcionan un servizo integral de conciliación a través dun programa que garante o pleno desenvolvemento dos nenos e nenas. 

Gratuidade

En 2022 a Xunta fixo gratuíta a atención educativa para todos os nenos e nenas en todas as escolas infantís, tanto públicas, como privadas ou de iniciativa social. Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en aplicar esta medida.

Non é necesario realizar ningún trámite: é directamente a escola infantil quen formaliza a súa adhesión á gratuidade, que debe ser anunciada publicamente (en caso de dúbida consulte ao centro). A práctica totalidade das escolas infantís de Galicia están adheridas á gratuidade.

Listaxe de escolas infantís da Xunta

A rede de escolas infantís públicas autonómicas está integrada por centros dependentes de dúas entidades distintas:

Como se accede ás escolas infantís da Xunta?

Hai dous procesos de matriculación diferentes nas escolas infantís da Xunta segundo pertenzan á Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS) ou ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Galiña Azul).

Acceso ás escolas infantís da Axencia Galega de Servizos Sociais

► Solicitude electrónica (preferente):

 

► Solicitude presencial:

Pode presentarse en calquera dos lugares e rexistros oficiais cubrindo os seguintes impresos:

Acceso ás escolas infantís do Consorcio - Galiña Azul

► Solicitude electrónica (preferente):

 

► Solicitude presencial:

Pode presentarse en calquera dos lugares e rexistros oficiais cubrindo os seguintes impresos:

Prezos

A atención educativa nas escolas infantís da Xunta é gratuíta, oito horas ao día e durante o curso académico ordinario (de setembro a xullo, ambos incluídos).

Para o servizo de horario ampliado ou o comedor é preciso aboar as seguintes cantidades: 

Aplicaranse os seguintes descontos:

Prazo de matriculación 

Curso 2024-2025:

Presentación de solicitudes — do 16 de marzo ao 5 de abril

Publicación listas provisionais — 6 de maio

Prazo de reclamacións — do 7 ao 13 de maio

Publicación listas definitivas — 31 de maio

Matriculación — do 1 ao 14 de xuño

Como formalizo a matrícula unha vez admitido?

O 31 de maio de 2024 publicaranse as listas definitivas de admitidos no DOG (Diario Oficial de Galicia). Os admitidos terán do 1 ao 14 de xuño de 2024 para presentar o impreso de matrícula a través da sede electrónica da Xunta ou na escola infantil na que obtiveran praza.

No caso de obter praza fóra do prazo ordinario porque houbese vacantes, disporás de 10 días hábiles para realizar o trámite desde o día seguinte á notificación.

É imprescincible formalizar a matrícula dentro do prazo e a solicitude debe vir acompañada dunha copia da cartilla de vacinación que cumpra co calendario de vacinación infantil de Galicia, no caso contrario a solicitude decaerá. 

► Impresos de matrícula:

Os impresos tamén se obteñen nas propias escolas infantís.