Bono Social Térmico
Bono Social Térmico e complemento autonómico
Bono Social Térmico
O Bono Social Térmico é un programa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables. A súa finalidade é compensar os gastos necesarios para garantir o subministro de enerxía para calefacción, cociña ou auga quente ou para axudar no pago de actuacións de eficiencia enerxética, que permita o aforro.
Complemento autonómico do Bono Social Térmico
Ademais do Bono, a Xunta concede un complemento de carácter extraordinario para continuar axudando ás familias.
- Beneficiarios
-
A relación de persoas beneficiarias do Bono Social Térmico e o complemento autonómico, que son as mesmas que a do Bono Social Eléctrico a 31 de decembro de 2021 é a seguinte:
⇒ Beneficiarios do bono social térmico 2022
Na relación indícanse os beneficiarios que teñen a documentación completa e tamén os que teñen que comunicar determinados datos para poder cobrar a axuda. Os beneficiarios recibirán unha carta antes do 22 de maio no seu domicilio para comunicarlles os importes que lle corresponden en concepto do Bono Social Térmico 2022 e máis do complemento autonómico.
É preciso sinalar que son beneficiarios do Bono Social Térmico e do complemento autonómico do ano 2022, sen necesidade de realizar ningunha solicitude, as persoas que sexan xa beneficiarias do Bono social de electricidad, a 31 de decembro de 2021.
Como podo beneficiarme do Bono social de ectricidade?O Bono Social de electricidade é unha axuda do Goberno central, para recibila é necesario presentar unha solicitude á súa comercializadora eléctrica. Para realizalo o máis axeitado é acudir aos servizos sociais de referencia, sexa ben no seu Concello ou no centro de saúde.
- Contía da axuda
-
Bono Social Térmico
A contía da axuda que percibirá cada beneficiario determínase atendendo ao seu grao de vulnerabilidade, segundo o define a norma reguladora do bono social de electricidad, así como á zona climática en que se localice a vivenda na que se atope empadroado.
Complemento autonómico do Bono Social Térmico
Además de ello, la ayuda del complemento es de 150 euros, que se aboará mediante un pago único a cada beneficiario.
As contías de ambas axudas a percibir en Galicia, en función da zona climática na que se resida e a súa condición de vulnerabilidade, son as seguintes:
Zona climática Persoa vulnerable Persoa vulnerable severa BST 2022 COMPLEMENTO AUTONÓMICO IMPORTE TOTAL BST 2022 COMPLEMENTO AUTONÓMICO IMPORTE TOTAL C 262,25 € 150 € 412,25 € 419,61 € 150 € 569,61 € D 413,65 € 150 € 563,65 € 661,85 € 150 € 811,85 € E 498,26 € 150 € 648,26 € 797,22 € 150 € 947,22 € - Compatibilidade con outras axudas
-
As axudas do Bono Social Térmico e o seu complemento autonómico son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Así mesmo, como é lóxico, é compatible coa percepción do Bono social eléctrico.
- Tramitación
-
As persoas beneficiarias recibirán unha carta no seu domicilio para comunicarlles os importes que lle corresponden en concepto do Bono Social Térmico 2022 e máis do complemento autonómico.
Carta de renuncia ou actualización de datos
Pódese presentar un escrito de renuncia á percepción do bono e do seu complemento ou actualizar os datos bancarios se así o desexan. Para ambos disporán dun prazo de 10 días hábiles para facelo.Transcorrido o prazo de 10 días desde a publicación, entenderase que a axuda foi aceptada, e procederase a aboala na conta bancaria na que teñen domiciliado o seu recibo de electricidade, de acordo cos datos facilitados pola súa comercializadora, salvo que teñan comunicado algún cambio da mesma.
- Actualización de datos
Así mesmo, no caso de que os datos de que se dispoñen sexan incompletos ou incorrectos, requiriráselle para a presentación da documentación acreditativa.
Deberá ter en conta que para achegar ou actualizar os datos da conta corrente para facerlle o abono das axudas, é preciso achegar un certificado bancario da mesma na que vostede figure como titular.
- Renuncia da axuda
As persoas beneficiarias que renuncien ao bono social térmico entenderase que o fan tamén ao complemento autonómico de dito bono, sen que sexa posible renunciar soamente a esta axuda complementaria.
- Presentación da documentación
-
O beneficiario poderá comunicar a renuncia, consultar, corrixir e comunicar os datos pendentes a través dun dos seguintes medios:
- Accedendo ao formulario electrónico a través do seguinte enlace: https://bonosocialtermico.xunta.gal, no que debe indicar o DNI e o código de referencia que se lle comunicará individualmente por correo postal.
- Presentando escrito, segundo o modelo que se lle comunicou individualmente en calquera rexistro das administracións públicas ou oficina de Correos ou por correo postal, dirixido á:
Dirección Xeral de Inclusión Social
Consellería de Política Social e Xuventude
Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Así mesmo, poden descargar os modelos de comunicación de renuncia, achega de documentación ou actualización de datos bancarios nos enlaces seguintes abaixo en ADXUNTOS.
- Accedendo ao formulario electrónico a través do seguinte enlace: https://bonosocialtermico.xunta.gal, no que debe indicar o DNI e o código de referencia que se lle comunicará individualmente por correo postal.
- Información de contacto
-
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Inclusión Social
Teléfonos: 881 996 572
Correo electrónico: bonosocialtermico@xunta.gal
- Normativa
-
Bono Social Térmico
Real decreto lei 15/2018, de 5 de outubro, de medidas urxentes para a transición enerxética e a protección dos consumidores (BOE nº: 242, do 6 de outubro).
Resolución do 04/05/2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, de concesión directa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables, dentro do programa denominado bono social térmico, no exercicio 2022.
Complemento autonómico do Bono Social Térmico
Resolución do 04/05/2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, de concesión directa de axudas sociais de carácter extraordinario destinadas a complementar o bono social térmico, no exercicio 2022.
- PREGUNTAS FRECUENTES
-
- Como sei se son beneficiario do Bono social térmico e o complemento autonómico?
-
Se eres beneficiario do Bono social térmico e do seu complemento autonómico neste mes de maio chegarache unha carta confirmando que o es antes do 22 de maio. Aínda así, se queres comprobar se es beneficiario, podes facelo buscando a documentación do posible beneficiario na seguinte lista:
- Como podo solicitar o Bono social térmico e o complemento autonómico?
-
O Bono social térmico e o complemento autonómico concédese directamente aos que xa sexan beneficiarios do Bono social de electricidade.
- Como solicito o Bono social de electricidade?
-
O Bono social de electricidade é unha axuda do Goberno central, e debe solicitala á súa comercializadora eléctrica. O máis axeitado é que acuda aos servizos sociais para que lle axude no trámite ou se dirixa á oficina da súa comercializadora.
- Se todos os datos da carta están ben que teño que facer agora?
-
Se os datos que lle achegan na carta (nome do beneficiario, DNI e número de conta bancaria) están ben non ten que facer nada para cobrar a axuda. Farase directamente pasado un par de semanas.
Aínda que non é necesario, pode confirmar que os datos están ben a través da web https://bonosocialtermico.xunta.gal e entrando co usuario e contrasinal que lle indican na carta. -
Cando se produce o ingreso do Bono social térmico e o complemento da Xunta?
-
No 2023 comezarase a enviar as cartas informando de que es beneficiario a partir do mes de maio. Unha vez se vaian confirmando os datos de beneficiarios xa irá aboando a axuda de xeito progresivo. Polo tanto, a finais do mes de maio comezarase a aboar as axudas ás 74.000 persoas beneficiarias neste 2023.
-
Se é necesario, como modifico os datos que aparecen na carta?
-
No caso de que os datos de que se dispoñen sexan incompletos ou incorrectos, requiriráselle para a presentación da documentación acreditativa.
Deberá ter en conta que para achegar ou actualizar os datos da conta corrente para facerlle o abono das axudas, é preciso achegar un certificado bancario da mesma.
Para facelo debe de ir ao apartado de PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN que hai nesta mesma páxina. -
Que fago no caso de que se producira o falecemento da persoa beneficiaria?
-
No caso de falecemento da persoa beneficiaria poderá reclamar o abono da axuda quen acredite a condición de herdeiro/a ou renunciar a mesma. Para facelo debe de ir ao apartado de PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN que hai nesta mesma páxina.
Se quere reclamar o abono da axuda, no caso de falecemento da persoa beneficiaria, deberá presentar un escrito acompañado da seguinte documentación:
- Certificado de defunción.
- Certificado de últimas vontades.
- Testamento ou documento que acredite a condición de herdeiro/a.
- No caso de existir máis dun herdeiro, escrito de aceptación asinado por todos eles en favor da persoa que reclama a axuda.
- Fotocopia do DNI da persoa que reclama a axuda.
- Certificado da conta bancaria a nome da persoa que reclama a axuda.
Se quere renunciar a axuda, no caso de falecemento, deberá presentar:
- Certificado de defunción.
- Testamento ou documento que acredite a condición de herdeiro/a.
- Escrito asinado por todas as persoas herdeiras no que manifestan a renuncia expresa á axuda
-
Se teño dúbidas onde podo ter máis información?
-
Se ten dúbidas pode poñerse en contacto preferiblemente no correo electrónico bonosocialtermico@xunta.gal ou, de xeito opcional, no 881 996 572.