Inicio > Áreas > Familia e infancia > Adopción > Programa de adopcións especiais

Programa de adopcións especiais

Que é o Programa de Adopcións Especiais?

Hai nenos que non atopan a familia adoptiva que precisan, a pesar de que existe un gran número de solicitantes de adopción en espera. Cada ano son mais e mais as familias que esperan para adoptar un neno, tanto en Galicia coma no estranxeiro, xa que son moitos máis os solicitantes que os nenos dados en adopción.

Sen embargo, na súa gran maioría estas familias agardan por un neno ou nena cunhas características mói concretas en canto á idade ou ás súas capacidades. Deste xeito, aqueles nenos ou nenas que non encaixan neste perfil ideal vense obrigados a residir nun centro de menores.

O programa de adopcións especiais trata de buscar familia para este nenos, que non encaixan no perfil inicial dunha familia de adopción. Son nenos e nenas de entre 8 e 17 anos, menores que teñen algún tipo de discapacidade ou grupos de irmáns. En definitiva nenos, nenas ou adolescentes que tamén están en busca dunha familia.

O Programa de adopcións especiais conta con profesionais especializados que traballan coas familias que queren facer esta adopción. Achéganlles a formación específica que precisan, asesóranas e acompáñanas durante todo o proceso, para facilitar a integración e a convivencia familiar.

  • Para quen está dirixido?

Forman parte do programa aqueles nenos ou nenas que teñen mais dificultade para ser aceptados por unha familia adoptiva, ben por testar enfermos ou ter algunha discapacidade, por ter unha idade superior á prefirida, por tratarse dun grupo de irmáns, ou outras circunstancias que fan mais dificil a integración.

As familias que forman parte do programa son todas aquelas que solicitaron unha adopción e están dispostas a recibir a un neno ou nena das características anteditas.

  • Como funciona o programa?

O programa desenvólvese en colaboración coa Fundación Meniños. Os técnicos do programa buscan, seleccionan e forman a familias dispostas a adoptar nenos con algunha destas características. Unha vez que se atopa unha familia idónea para un neno ou grupo de irmáns que poden ter dificultades de integración, os técnicos levan a cabo un acompañamento constante durante todo o proceso, desde a fase de acollemento preadoptivo ata dous anos desde o inicio da convivencia.