Inicio > Áreas > Familia e infancia > Orientación e mediación familiar

Orientación e mediación familiar

​A Consellería de Política Social e Xuventude pon á disposición das familias que se atopen nunha situación de crise e que afecte negativamente á súa convivencia, unha serie servizos que facilitan a solución do problema.

  • Gabinetes de Orientación Familiar

Un destes servizos son os Gabinetes de Orientación Familiar (GOF), formados por un equipo multidisciplinar que poden axudarlle a tomar unha decisión e solucionar o problema. Este servizo non ten custe.

 Máis información sobre a Orientación Familiar

 

  • Mediación Familiar

Se teñen decidido romper a convivencia familiar, poden acudir á Mediación familiar, que, coa intervención dun mediador/a, lles axudará a facilitar a comunicación entre os membros da familia e a atopar unha solución.

 Máis información sobre a Mediación Familiar

 

  • Puntos de Encontro Familiar

Para facilitar e garantir o correcto cumprimento do réxime de visitas de menores cos seus pais existen os Puntos de Encontro Familiar (PEF). Estas instalacións preservan a relación entre os menores e as súas familias cando se atopan nunha situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou outro suposto de interrupción de convivencia familiar.

 Máis información sobre os Puntos de Encontro Familiar