As axudas de inclusión social son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias valoradas tecnicamente en situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, así como atender as situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social.
Están destinadas a sufragar gastos extraordinarios e urxentes e, se é o caso, a financiar actuacións de acompañamento ou reforzo de carácter excepcional vinculadas ás medidas de apoio dos diferentes tramos da Renda de inclusión social de Galicia (Risga).
Os servizos sociais do concello de residencia deberán emitir un informe de valoración para determinar se poden optar a estas axudas.
As persoas ou unidades de convivencia perceptoras destas axudas vincularanse a proxectos de traballo social ou socioeducativos desenvolvidos desde os servizos sociais comunitarios, que se responsabilizarán do seu seguimento.
- Tipos de axudas de inclusión social
-
As axudas de inclusión social, segundo a súa finalidade, poderán ser dos seguintes tipos:
-
Vinculadas o uso da vivenda: son as destinadas a posibilitar que se continúe habitando a vivenda habitual cando ese feito favoreza o proceso de inclusión. Comprenden axudas para o pago de débedas de aluguer e conceptos similares que impidan o desafiuzamento e a perda de subministracións básicas dela ou que reforcen o proceso de tránsito a unha vivenda normalizada de persoas residentes en chabolas ou infravivendas.
-
Vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual: destinaranse á adecuación da vivenda (cando sen eses acondicionamentos non sexa posible o mantemento da habitabilidade da vivenda habitual), así como a mellorar a súa accesibilidade universal, co fin de adaptala ás circunstancias da persoa usuaria (cando se acredite que as condicións da vivenda afectan á saúde das persoas que residen nela). Só para vivendas en propiedade ou cedidas con autorización para permanencia.
-
Destinadas ao equipamento mobiliario básico da vivenda. Para a adquisición de mobiliario e electrodomésticos básicos imprescindibles para satisfacer as necesidades primarias das persoas.
-
Axudas para a atención de necesidades primarias de alimentación, vestido e ajuar doméstico.
-
Axudas para a atención sanitaria e sociosanitaria non cubertas polos sistemas públicos de saúde e de servizos sociais, cando se trate de tratamentos, elementos protésicos ou axudas técnicas que sexan decisivos para evitar un déficit sensorial, de mobilidade, de saúde ou unha situación persoal de desvantaxe que impida ou dificulte gravemente o proceso de integración social.
-
Axudas para gastos causados por actuacións complementarias e de acompañamento vinculadas aos itinerarios de inclusión social e formación (material didáctico, transporte, atención de menores ou maiores, apoio domiciliario).
-
Axudas para gastos extraordinarios derivados de procesos de axuste persoal das persoas perceptoras de Risga, especialmente nos casos de trastornos relacionados co consumo de substancias adictivas.
-
- Requisitos Ais
-
- Ser maior de idade.
- Estar empadroado ou empadroada e ter residencia constatada polos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Non dispor de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación que xustifica a solicitude da axuda. Computaranse tanto os ingresos relativos á actividade laboral ou económica, rendas, pensións, prestacións, etc.; como os relativos ao patrimonio (depósitos bancarios, contas correntes ou de aforro, bens mobles ou inmobles exceptuando a vivenda habitual destinada ao seu uso) de todos os integrantes da unidade de convivencia. Enténdese por unidade de convivencia o conxunto de persoas que convivan no mesmo domicilio e manteñan respecto á persoa solicitante un vínculo por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento ou por parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao (pai/nai, fillos/as, irmáns/irmás, avós/avoas, etc.) ou de afinidade ata o segundo grao (sogro/a, xenro/nora, etc).
Con carácter xeral, consideraranse ingresos insuficientes cando non sexan superiores ao 125% do importe do tramo persoal e familiar da renda de inclusión que lle correspondería á unidade de convivencia conforme á seguinte táboa (valores ano 2026).
Tramo persoal e familiar (TPF)
Limites de ingresos para percibir Ais
(125% TPF)Núm. conviventes
(Unidade de convivencia)sen
menores*con menores**
sen
menores*con menores**
1 (Ingreso mínimo 78,20% IPREM) 469,20
586,50
2 (Ing. mínimo + 14,60% IPREM) 556,80
696,00
3 (Ing. mínimo + 27,1% IPREM) 631,80
789,75
4 (Ing. mínimo + 37,5% IPREM) 694,20
867,75
5 (Ing. mínimo + 47,9% IPREM) 750,00
756,60
937,50
945,75
6 (Ing. mínimo + 58,3% IPREM) 750,00
819,00
937,50
1.023,75
A partir de 7 membros 750,00
840,00
937,50
1.050,00
* Límite máximo do tramo persoal e familiar en unidades de convivencia SEN menores (125% IPREM) =750,00
** Límite máximo do tramo persoal e familiar en unidades de convivencia CON menores (140% IPREM) =840,00Non se poderán conceder estas axudas cando a unidade de convivencia (incluída a persoa solicitante) dispoña de bens patrimoniais dos que se deduce que existen medios materiais suficientes para atender os gastos obxecto das axudas. Isto sucede cando o valor de ditos bens excede do importe de multiplicar por 12 o límite de ingresos para percibir as axudas que lle corresponde a unidade de convivencia.
Excepcionalmente e derivado do carácter persoal das axudas destinadas á Atención sanitaria e sociosanitaria non cubertas polos sistemas públicos de saúde e de servizos sociais, computaranse so os recursos da persoa solicitante sempre que os ingresos de todos os conviventes non superen o dobre do importe do IPREM mensual (7.200 € no ano 2026) e o valor dos bens de que dispoñen sexa inferior a 10 veces o importe da axuda que se vai a conceder.
********************************************************************************************* - Contías das Ais para 2026
-
Para determinar o importe dos distintos tipos de axudas de inclusión social atenderase ao seguinte cadro:
Tipo de axudaLímite importes
Límite temporal
Vinculadas ao uso da vivenda 2,6 IPREM
1.560,00
cada 2 anos
Vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual 10,40 IPREM
6.240,00
cada 5 anos
Equipamento mobiliario básico da vivenda 2,09 IPREM
1.254,00
cada 2 anos
Atención das necesidades primarias de alimentación, vestido e enxoval doméstico 2,09 IPREM
1.254,00
cada 2 anos
Atención sanitaria e sociosanitaria non cubertas polos sistemas públicos de saúde e de servizos sociais 2,09 IPREM
1.254,00
cada 2 anos
Actuacións complementarias e de acompañamento vinculadas aos itinerarios de inclusión social e formación 2,09 IPREM
1.254,00
cada ano
Gastos extraordinarios derivados de procesos de axuste persoal 2,09 IPREM
1.254,00
cada ano
As axudas de inclusión social só se poden destinar para a finalidade para a que foron concedidas.
*********************************************************************************************
- Subsidiaridade e Incompatibilidades
-
As axudas de inclusión social vinculadas ao uso da vivenda e á mellora da habitabilidade da vivenda habitual son subsidiarias daquelas que lles poidan corresponder ás persoas no marco das medidas específicas de promoción da vivenda social e similares desenvolvidas por calquera administración pública ou de calquera outra axuda ou prestación pública para a mesma finalidade. Así mesmo son compatibles co tramo persoal e familiar de Risga pero non co complemento de alugueiro da dita renda.
As axudas destinadas ao equipamento mobiliario básico terán carácter subsidiario respecto a calquera outra axuda ou prestación pública destinada á mesma finalidade e son compatibles coa Risga.
As axudas de inclusión social para a atención de necesidades primarias e para a atención sanitaria e sociosanitaria terán carácter subsidiario respecto a calquera outra axuda ou prestación pública destinada á mesma finalidade. Con carácter xeral, a axuda para a atención de necesidades primarias é incompatible coa percepción da Risga (excepto en supostos de necesidades específicas recollidas na lexislación).
As axudas de inclusión social para actuacións complementarias e de acompañamento vinculadas aos itinerarios de inclusión social e formación e as axudas para gastos extraordinarios derivados de procesos de axuste persoal son complementarias da renda de inclusión social de Galicia.
Excepcionalmente, as axudas de inclusión poderán ser complementarias doutras axudas e prestacións públicas en función da gravidade e características da situación.*****************************************************************************************
- Obrigas das persoas beneficiarias
-
As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas: As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas:
- Comunicar calquera variación da súa situación persoal ou económica ou das persoas da unidade de convivencia.
- Destinar as axudas á finalidade para a que foron concedidas.
- Xustificar os gastos obxecto das axudas conforme á finalidade para as que foron concedidas.
*****************************************************************************************
- Solicitude, procedemento, prazo e documentación
-
Solicitude e procedemento das Axudas de inclusión social (Ais) – BS618D ( https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS618D )
Prazo de presentación: aberto todo o ano
Documentación complementaria que debe presentar a persoa solicitante xunto coa solicitude:- Certificado de convivencia.
- Certificado de discapacidade (se a ten recoñecida) da persoa solicitante e das persoas da unidade de convivencia cando non fora expedido en Galicia.
- Copia do último recibo do imposto de bens inmobles (só no caso de vivenda familiar en propiedade).
- Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade de convivencia, que inclúan os 12 meses anteriores á solicitude.
- Informe emitido polo/a facultativo/a do Servizo Galego de Saúde nos casos en que se solicite unha Ais que teña que ver coa saúde da persoa solicitante ou coa persoa menor de idade ao seu cargo.
- Presuposto do gasto para o que se solicita a axuda.
- Copia do pasaporte.
- Copia do libro de familia (só no caso de persoas menores integrantes da unidade de convivencia sen DNI)
- Copia da sentenza de separación ou divorcio e do convenio regulador.
- Comprobación dos datos das persoas que integran a unidade de convivencia, conforme ao anexo II do Decreto 14/2019.
Documentación mínima que deberán entregar os servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia:
- Informe de valoración social con proposta de idoneidade da axuda solicitada.
- Proposta do proxecto de traballo social ou socioeducativo.
*****************************************************************************************
- Onde solicitar unha Ais
-
- Para acceder a unha axuda de inclusión esíxese un informe de valoración social elaborado polos servizos sociais comunitarios básicos do seu concello de residencia; polo que, preferentemente, debe dirixirse a ditos servizos para que valoren as súas circunstancias persoais, sociais e familiares e, polo tanto, a posibilidade de acceder a dita axuda e solicitala.
- Pode cumprimentar a solicitude que se atopa no enlace (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS618D) e presentala de forma electrónica ou presencial a través dun rexistro administrativo ou oficina de Correos. Neste caso, o órgano encargado de xestionar a axuda terá que requirir o informe de valoración social aos servizos comunitarios básicos do seu concello de residencia.
*****************************************************************************************
- Órgano encargado de xestionar as Ais
-
Departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da provincia de residencia.
A CoruñaLugo
Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Espazo Amizar
R/ Gregorio Hernández, 2
15011 A Coruña
prestacions.ctb.coruna [at] xunta.gal (prestacions[dot]ctb[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Ronda de la Muralla, 70
27071 Lugo
prestacionseinclusionlugo [at] xunta.gal (prestacionseinclusionlugo[at]xunta[dot]gal)Ourense
Pontevedra
Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Sáenz Díez, 33
32071 Ourense
prestacions.politicasocial.ourense [at] xunta.gal (prestacions[dot]politicasocial[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)Departamento Territorial de Política Social e Igualdade
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
prestacions.benestar.vigo [at] xunta.gal (prestacions[dot]benestar[dot]vigo[at]xunta[dot]gal)*****************************************************************************************
- Normativa
-
- Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 249, de 31 de decembro de 2013. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20131231/AnuncioC3B0-261213-0001_es.html
- Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social. Diario Oficial de Galicia, 43, de 1 de marzo de 2019. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190301/AnuncioG0425-210219-1_es.html
Ambas normas modificadas no relativo as contías das prestacións pola Lei 7/2022, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Diario Oficial de Galicia, 248, do 30 de decembro de 2022.https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221230/AnuncioC3B0-271222-3_gl.html