Publicacións
Este libro coeditado coa Universidade de Santiago de Compostela persegue analizar a dieta proporcionada nun centro xerontolóxico e corrixir as desviacións producidas principalmente polas graxas alimentarias sobre as recomendaciónsvixentes para a poboación española.
Co obxectivo de ofrecer uns servizos de calidade a todas as persoas en situación de dependencia, se elabora esta primeira Carta de Servizos auditada en materia de servizos sociais orientada a mellorar o nivel de satisfacción dos usuarios do sistema.
Obra en colaboración na que se reúnen todas as intervencións que con motivo da realización do Congreso Internacional sobre Envellecemento Activo organizado pola Secretaría Xeral de Política Social, tivo lugar na Coruña os días 15 e 16 de novembro de 2012.
Manual de calidade adoptado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) como vehículo de expresión do seu compromiso coa mellora continua da calidade na prestación dos servizos públicos para persoas maiores e dependentes.
Esta estratexia ten como principal obxectivo dar unha serie de recomendacións para orientar a organización e funcionamento dos diferentes servizos (sociais, sanitarios e educativos) cara unha mellora das condicións de vida das persoas en termos de saúde e autonomía persoal.
Este curso, estruturado en cinco módulos, enmárcase dentro dunha política de envellecemento activo que pretende axudar a mellorar a calidade de vida daquelas persoas que se enfrontan á xubilación de forma activa e saudable.
Ferramenta de traballo para dar a coñecer a profesionais e familias, os recursos dispoñibles en Galicia no sistema de detección de maltrato, medidas de prevención, axudas ou sistemas de asesoramento e para atender nenos en situación de especial vulnerabilidade.
Neste documento recóllense os datos relativos ás actuacións executadas durante o exercicio 2012 no marco do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013.