Publicacións
Redactado en primeira persoa, a protagonista deste relato narra o día a día nun centro residencial de persoas maiores e dá recomendacións que axudan a mellorar a relación entre usuarios e profesionais. Supón, xa que logo,unha reflexión para os profesionais da xerontoloxía.
O cambio demográfico afecta cada vez máis un maior número de rexións europeas que empeza a ser considerado un risco. As consecuencias precisan ser afrontadas como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.
Ferramenta de traballo dirixida aos traballadores sociais de Galicia que ten como finalidade facilitar a utilización do informe social para a inclusión (ISI), unificar e homoxeneizar criterios e simplificar trámites e xestións administrativas.
Manual que xurdiu da necesidade de recoller as demandas, valoracións e recursos propios dos servizos sociais comunitarios existentes na nosa comunidade autónoma.
Publicación electrónica en liña do informe de seguimento do Plan galego de persoas maiores 2010-2013, Horizonte 2015, que dá conta das actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación correspondente ao ano 2014.
Ferramentas básicas e pautas para a elaboración do proxecto educativo dos centros de infantil.
Publicación electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias.
Recompilación das disposicións normativas de política social publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).