Publicacións
O manual inclúe a descrición sucinta de cada un dos puntos do ISU, e acompáñase dalgunhas ferramentas (escalas e índices) xa coñecidas por unha gran parte dos e das profesionais.
Manual que pon á disposición de coidadores de persoas menores en situación de dependencia ferramentas e técnicas orientadas a axudar e favorecer o desenvolvemento persoal e a potenciar as habilidades do menor na busca de acadar as meirandes cotas de autonomía persoal.
O bebé é o protagonista da súa vida 0 a 3.
Esta Guía rápida é un produto derivado da Guía de Práctica Clínica sobre a Depresión Maior na Infancia e Adolescencia, desenvolvida no marco de actividades da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestaciones do SNS.
Publicación anual con información estatística sobre os menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Operación estatística 2506-02-OE06 do Plan Galego de Estatística 2022-2026.
Esta actividade estatística denominada 2511-03-OE06 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores está integrada no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística.