Publicacións
A promoción da autonomía persoal e a atención adecuada ás persoas en situación de dependencia é, sen dúbida, indicador do nivel de desenvolvemento humano e de benestar das sociedades modernas e do grao de cohesión social.
As enfermidades que cursan con trastornos cognitivos e demencia caracterízanse pola súa longa evolución e por ocasionar un grande impacto no contorno sociofamiliar das persoas que as sofren.
Este novo manual pretende dar resposta a aspectos que van desde o propio concepto de enfermidade mental ata os coidados necesarios ou o desenvolvemento de habilidades para poder facer fronte a este tipo de situacións.
A demanda de coidados para persoas con condicións de saúde que supoñen situacións de especial vulnerabilidade foise incrementando nos últimos anos.
Este informe pretende ser unha aproximación en tempo real á realidade das persoas discapacitadas no mundo laboral.
Publicación na que se recollen os protocolos de actuación para os diferentes axentes que interveñen nas situacións de presunto maltrato de persoas maiores ou adultas con discapacidade.
Guía Informativa sobre protección xurídica e discapacidade pretende ser un instrumento de orientación xurídica, destinado a facilitar o labor de cantos profesionais desenvolven a súa actividade no ámbito da atención ás persoas con discapacidade en Galicia.
Esta guía facilita información xurídica sobre os procesos de incapacitación xudicial, tutela, fundacións tutelares e ingresos non voluntarios en centros.