Este curso, estruturado en cinco módulos, enmárcase dentro dunha política de envellecemento activo que pretende axudar a mellorar a calidade de vida daquelas persoas que se enfrontan á xubilación de forma activa e saudable.

O curso, de carácter eminentemente práctico, abarca aspectos tan diversos como a saúde física e mental, as novas tecnoloxías, o tempo libre e a participación social ou aspectos xurídicos e económicos. Trata, polo tanto, de proporcionar coñecementos e recursos útiles que redundan nunha mellora na calidade de vida e promoven a autonomía dos colectivos aos que vai destinado.