Publicacións
Este informe recolle a información referida ás entidades que desenvolven programas ou son titulares ou xestores de centros ou programas de servizos sociais, nos ámbitos de maiores, discapacidade, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.
O Censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade.
Informes do Censo de persoas con discapacidade de Galicia de 2012 ata 2023
Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade do ano en curso e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS)
O Protocolo para a atención de persoas LGBTI nos Centros de Información á Muller (CIM) e para a prevención da LGBTIfobia ten como obxectivo dotar o seu persoal dunha ferramenta práctica para atender de maneira eficaz e respectuosa as persoas usuarias do CIM pertencentes ao col
Actividade estatística denominada 2511-03-OE06 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores está integrada no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 201/2024, do 27 de decembro (DOG núm.8, do 14.01.2025)
O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica inicia, coa publicación deste primeiro dossier Mobilidade e migracións en Galicia, a colección de monografías temáticas que o Plenario do observatorio tivo a ben aprobar na sesión do 29 de novembro de 2023.
Protocolo que establece unha serie de pautas preventivas e de actuación para cando se produza algún tipo de violencia contra as mulleres ou as persoas LGBTI en espectáculos musicais, en actividades culturais e sociais desenvolvidas ao aire libre e en festas e verbenas populare