Estratexia Galega contra o Idadismo

Categoria
Estudos e informes
Portada Estratexia Idadismo galego
Resumen

Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en elaborar unha estratexia contra o idadismo, que desde 2021 está tratado pola OMS cunha base científica para afrontalo.

A Estratexia articula as súas acción en tres grandes liñas: intervencións interxeracionais, actividades educativas e acción política e lexislativa.

Año
2025
Autor
Xunta de Galicia e Cátedra de Idadismo
Órgano Editor
Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
Idioma
Galego
Área temática
Publicacións da Consellería
N. de páginas
39
Descripción

No 2022 constitúese en Galicia a Cátedra de Idadismo co fin de contribuír á campaña mundial contra o idadismo, axudando a transformar a maneira de pensar, sentir e actuar ante a idade e o envellecemento. Esta cátedra está constituída pola Universidade de Vigo, a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) e a entidade de innovación social, Atendo.

Estes avances no panorama mundial e galego presentan un contexto idóneo para desenvolver unha Estratexia galega contra o idadismo. Por primeira vez existe a base necesaria para poder avanzar intervencións eficaces contra o idadismo e á vez existe un grupo establecido en Galicia que pode axudar a mobilizar a diferentes entidades e actores para o desenvolvemento e implementación da estratexia en Galicia. Existe así unha oportunidade única para trasladar a evidencia presentada no informe mundial sobre o idadismo ao territorio galego, facendo as adaptacións necesarias para responder o contexto e necesidades concretas de Galicia.

Aproveitando esta confluencia de factores, a Xunta de Galicia xunto á Cátedra de Idadismo propóñense elaborar, entre 2022 e 2023, unha estratexia galega para abordar o idadismo. Desta maneira, búscase establecer unha base científica sólida para abordar o idadismo e promover un cambio significativo na sociedade galega en relación co envellecemento e o trato cara ás persoas de todas as idades.