Publicacións
Esta estratexia ten como principal obxectivo dar unha serie de recomendacións para orientar a organización e funcionamento dos diferentes servizos (sociais, sanitarios e educativos) cara unha mellora das condicións de vida das persoas en termos de saúde e autonomía persoal.
Este curso, estruturado en cinco módulos, enmárcase dentro dunha política de envellecemento activo que pretende axudar a mellorar a calidade de vida daquelas persoas que se enfrontan á xubilación de forma activa e saudable.
Ferramenta de traballo para dar a coñecer a profesionais e familias, os recursos dispoñibles en Galicia no sistema de detección de maltrato, medidas de prevención, axudas ou sistemas de asesoramento e para atender nenos en situación de especial vulnerabilidade.
Neste documento recóllense os datos relativos ás actuacións executadas durante o exercicio 2012 no marco do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013.
O Modelo que se presenta parte do estudo dos distintos colectivos que se inclúen na Carteira de servizos para persoas dependentes, prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal.
Informe de seguimiento 2012 no que se dá conta das actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación establecida no Plan galego das persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015.
A información que recolle esta guía ten a súa base no traballo desenvolvido ao abeiro do proxecto Envellecemento + Activo polo Comité transfronteirizo de expertos/as en prevención e detección precoz da dependencia.
Folleto informativo sobre o programa Xantar na Casa, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e os concellos de Galicia adheridos a este programa.