TARXETA BENVIDA 
A Tarxeta Benvida é unha axuda económica para as familias que forma parte do Programa de Apoio á Natalidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é axudar ás familias na crianza e no coidado dos fillos con diferentes medidas de apoio. No caso concreto desta tarxeta, busca contribuír aos gastos que conleva o nacemento dun fillo, o acollemento familiar, a adopción ou a garda con fins adoptivos.
De xeito xeral conta cun importe de 1.200 € para adquirir calquera produto exclusivamente para nenos: leite e outros alimentos infantís, cueiros, roupa, babeiros, artigos de paseo e de viaxe (como poden ser carriños, cadeiras de paseo ou de coche), libros infantís, produtos de hixiene infantil ou farmacéuticos.
A contía é maior nalgúns casos específicos, como ter o terceiro fillo ou vivir nun concello de menos de 5.000 habitantes.
PREGUNTAS FRECUENTES
- 1. Quen pode recibir a Tarxeta Benvida?
-
-
As mulleres durante o embarazo, a partir da semana 21 de xestación.
-
As persoas que veñan de ter un bebé, adopten, acollan con carácter permanente ou asuman a custodia con fins adoptivos de nenos de ata 3 anos.
-
Os galegos, ou descendentes de galegos, que se atopen na situación anterior e regresen a Galicia desde fóra de España.
-
As persoas que non obtiveran a Tarxeta Benvida por superar o límite de ingresos nas dúas convocatorias anteriores, ou que a obtiveran pero só por un ano. Se experimentaron unha redución nos seus ingresos, poden volver a solicitala para o segundo e terceiro ano de vida do neno ou nena.
-
- 2. Que requisitos hai que cumprir?
-
-
Ter residencia habitual en Galicia.
- É requisito que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €
- De ser superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €
-
- 3. Como se calcula a renda?
-
- Sumando a base impoñible xeral (os ingresos) + a base impoñible do aforro do IRPF do último período impositivo vencido.
- A base impoñible do aforro son os ingresos obtidos por inversións ou intereses de contas, dividendos, venta de accións ou dun piso, etc.
- A renda per cápita calculase dividindo esa renda polo número de membros da unidade familiar.
- Sumando a base impoñible xeral (os ingresos) + a base impoñible do aforro do IRPF do último período impositivo vencido.
- 4. Cal é o importe o primeiro ano?
-
Con carácter xeral, durante o primeiro ano, 1.200 euros.
Se o fillo que nace é o terceiro ou algún dos seguintes, a contía será de 2.400 euros.
Ambas contías aumentan nun 25% para as familias que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes.
- 5. Cal é o importe o segundo e terceiro ano?
-
Cando o bebé cumpre 1 ano a Xunta de Galicia comproba de novo a renda da unidade familiar por se houbese variacións, e se a renda é igual ou inferior a 22.000 euros teñen dereito á extensión da Tarxeta Benvida durante o segundo e terceiro ano, coas seguintes contías:
- 600 €/ano polo 1º fillo/a
- 1.200 €/ano polo 2º fillo/a
- 2.400 €/ano polo 3º fillo/a ou seguintes
Para as familias que vivan en concellos con menos de 5.000 habitantes, a Tarxeta Benvida increméntase un 25%:
- 750 €/ano polo 1º fillo/a
- 1.500 €/ano polo 2º fillo/a
- 3.000 €/ano polo 3º fillo/a ou seguintes
- 6. Que prazo teño para solicitarla?
-
A Tarxeta Benvida pode solicitarse desde o embarazo, unha vez que se supera a semana 21 de xestación.
Tamén pode solicitarse tras o nacemento, dentro dun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao nacemento.
En caso de adopción ou acollemento o prazo é de 2 meses desde o día seguinte a que se constitúa a adopción, ou da resolución de acollida con carácter permanente ou con fins adoptivos.
Se es unha persoa emigrante retornada e o teu bebé naceu fóra de Galicia, tes 3 meses que comezan a contar desde o día seguinte da data do teu retorno.
- 7. Como se solicita?
-
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: SOLICITUDE
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos rexistros administrativos establecidos. - 8. Como e cando recibirei a Tarxeta Benvida?
-
Se cumpres os requisitos, a Xunta de Galicia concederá a Tarxeta Benvida en poucas semanas tras recibir a solicitude. Despois recibirás a tarxeta no teu enderezo postal.
En caso de que falte documentación poñerémonos en contacto contigo. El plazo máximo de resolución es de 4 meses desde que se hace la solicitud.
Unha vez recibida é preciso activala aquí: activación da Tarxeta Benvida
- 9. Cando se recibe o ingreso?
-
Nun prazo máximo de 4 meses desde que se solicita, en canto se resolve.
Para o 2º e 3º ano o ingreso farase nun prazo de 4 meses desde a revisión das condicións, que se fará cando o neno cumpra 1 ano (ou 1 ano despois da presentación da solicitude durante o embarazo).
- 10. Onde se pode utilizar?
-
A Tarxeta Benvida pódese usar en aqueles establecementos con produtos destinados aos nenos como farmacias, parafarmacias, ópticas, supermercados, librarías, tendas de alimentación ou establecementos de puericultura.
Non se pode retirar o saldo en efectivo, nin realizar compras por internet.Ademais, algúns establecementos adheridos ofrecen un desconto adicional. Se queres que se adhira o teu negocio podes enviar este formulario a: tarxetabenvida.familia [at] xunta.gal (tarxetabenvida[dot]familia[at]xunta[dot]gal)
- 11. Como podo saber o saldo da Tarxeta?
-
Pódese coñecer a través de www.damemisaldo.com de ABANCA ou nos caixeiros desta entidade, onde tamén se poden consultar os últimos movementos.
- 12. Cal é o email e o teléfono de contacto?
-
Se tes calquera dúbida sobre a Tarxeta Benvida, ou se a estraviaches ou esqueceches o PIN, podes chamar ao teléfono 012 ou enviar un correo a: tarxetabenvida.familia [at] xunta.gal (tarxetabenvida[dot]familia[at]xunta[dot]gal)
Documentos relacionados:
- Entidades que ofrecen beneficios adicionais coa Tarxeta Benvida
- DOG Orde Tarxeta Benvida
- Solicitude de adhesión á Tarxeta Benvida para ampliación de beneficios
- Resolución entidade xestora da Tarxeta Benvida 2025
- Resolución do 17 de decembro de 2025
- Convenio colaboración xestión da Tarxeta Benvida
- Solicitude entidade xestora da Tarxeta Benvida
- Resolución do procedemento de adhesión á Tarxeta Benvida