Programa Benestar en Balnearios
A Xunta volve a poñer en marcha o programa de Benestar en Balnearios. Unha experiencia de lecer e saúde destinada aos maiores de Galicia.
En que consiste?
Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia en varias quendas, nos meses de novembro e decembro de 2022.
A quen vai dirixido?
Maiores de 60 anos (ou maior de 55 en condición de pensionista) e acompañante, se se desexa (pódense solicitar 2 prazas máximo por persoa)
Cal é o prazo de inscrición?
Actualmente o prazo de inscrición está pechado. Estivo aberto do 10 ao 24 de outubro de 2022, ambos incluídos, para a convocatoria do programa no 2022.
Para o 2023 abrirase unha nova convocatoria.
Como e onde se solicita a praza?
- Online: tramitación en liña na sede electrónica da Xunta de Galicia
- Presencial: en calquera rexistro oficial da Xunta de Galicia, así como en calquera oficina de Correos presentando a solicitude impresa que se pode descargar na propia sede electrónica e na web da Consellería de Política Social e Xuventude.
Descarga aquí a solicitude para o/a teu acompañante segundo corresponda:
- Solicitude xeral de acompañante (cónxuge de calquera idade, ou persoa distinta do conxuge que cumpla o requisito de idade, é dicir, maior de 60 ou de 55 se é pensionista)
- Solicitude específica fillo/a acompañante con dependencia (o acompañante poderá ser un fillo sempre que teña recoñecido un mínimo do 33% de dependencia)
Cal é o custo?
- Establécese unha tarifa fixa por estadía completa que varía en función do establecemento termal escollido (consulta o folleto).
A Xunta de Galicia financia ao redor dun 40% do custo total.
Como confirmar a reserva?
Tan pronto se reciba confirmación oficial da concesión da praza, contactarase co balneario escollido directamente para seleccionar a quenda de interese, e depositar 30€ en concepto de reserva. O importe restante abonarase á chegada ó establecemento.
Estes son os 15 balnearios de Galicia a escoller:
A CORUÑA
- Balneario de Compostela (Brión)
- Baños Vellos de Carballo
LUGO
- Augas Santas (Pantón)
- Río Pambre (Palas de Rei)
- Termas de Lugo (Lugo)
OURENSE
- Baños de Molgas
- Caldaria (Arnoia)
- Caldaria (Cenlle)
- Caldaria (Lobios)
- O Carballiño
PONTEVEDRA
- Acuña (Caldas)
- Cuntis
- Dávila (Caldas)
- Mondariz (Mondariz)
- Os Baños de Brea (Vila de Cruces)