Recoñecer o dereito fundamental das persoas que se atopan en situación de pobreza e exclusión social a vivir con dignidade e a desempeñar un papel activo na sociedade
Recoñecer o dereito fundamental das persoas que se atopan en situación de pobreza e exclusión social a vivir con dignidade e a desempeñar un papel activo na sociedade
O prazo de solicitude desta subvención empeza o 23 de xuño e rematará o 22 de xullo de 2015.
O II Plan galego de inclusión social naceu coa vocación de constituírse como instrumento decisivo de loita contra a pobreza e a exclusión social, entendido como debilitamento e/ou ruptura dos vínculos entre a persoa e o contorno social e incidindo na atención a persoas como proceso de cambio. Baixo este enfoque, o II Plan galego de inclusión social deseña medidas baseadas principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos derivados de aquel debilitamento e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral.
Esta orde ten por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativasocial que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo programas e prestan servizos sociais na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, inclusión social e especificamente en favor da inclusión social da poboación inmigrante.
Descrición:
Esta orde ten por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa
social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais
de Galicia, levan a cabo programas e prestan servizos sociais na área de actuación dos
servizos sociais comunitarios, inclusión social e, especificamente, en favor da inclusión
social da poboación inmigrante
Requisitos:
Consulte a Orde
A Consellería de Traballo e Benestar, segundo a estrutura orgánica fixada polo Decreto 335/2009, do 11 de xuño (DOG n.º 123, do 25 de xuño), é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponde levar a cabo, entre outras, as competencias e funcións en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de benestar social, inclusión social e servizos comunitarios.
A Orde do 3 de marzo de 2011 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia do 29 de marzo de 2011 e modificada pola Orde do 25 de abril de 2011 (DOG núm. 82, do 28 de abril) establece, no seu artigo 18, que o prazo para xustificación das subvencións concedidas ás corporacións locais beneficiarias rematará o3 de febreiro de 2012.