Inclusión Social

Recoñecer o dereito fundamental das persoas que se atopan en situación de pobreza e exclusión social a vivir con dignidade e a desempeñar un papel activo na sociedade

Bloque
Activo
Imagen

A Orde do 3 de marzo de 2011 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia do 29 de marzo de 2011 e modificada pola Orde do 25 de abril de 2011 (DOG núm. 82, do 28 de abril) establece, no seu artigo 18, que o prazo para xustificación das subvencións concedidas ás corporacións locais beneficiarias rematará o3 de febreiro de 2012.

  • Descrición:

    PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLAS/OS MENORES DE TRES ANOS

  • Requisitos: 

    • Residir en Galicia.

    • Ter fillas/os menores de 3 anos (nados entre o 2-1-2008 e o 1-1-2011)

    • Que as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.

    • Que nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, por razón de ingresos obtidos durante o ano 2009, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.