Inicio > Temas > Familia e infancia > Residencias de tempo libre

Residencias de tempo libre

Apertura do prazo de solicitude de estadías, e servizos nas residencias de tempo libre de de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) dependentes da Consellería de Política Social.

Persoas destinatarias:

Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía das súas persoas proxenitoras, persoas titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior que cumpran os requisitos da orde.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia das dúas convocatorias anteriores.

Servizos ofertados:

•    Servizo de aloxamento: incluíndo a limpeza diaria.
•    Servizo de comedor: réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).

O servizo de comedor ofrece un menú único, sen prexuízo da atención de solicitudes de dietas individualizadas derivadas de prescrición médica, alerxias ou intolerancias alimentarias.

Solicitudes:

Cada unidade familiar poderá solicitar a través dunha persoa que a represente,as estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas.
A solicitude (anexo I) irá acompañada da seguinte documentación:
•    Certificado de discapacidade das persoas solicitantes e/ou das fillas e fillos maiores de idade, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
•    Copia do título de familia numerosa, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
•    Copia da resolución administrativa de acollemento, de ser o caso, só no caso de non ser expedida pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
•    Copia do certificado de monoparentalidade, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

•    Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

•    Anexo II sobre comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, de ser o caso.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos que serán recadados electrónicamente  a través das redes corporativas ou mediante a consluta de plataformas de intermediación  de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Presentación de solicitudes

As solicitudes dirixiranse á Xefatura Territorial de Ourense, no caso de solicitar a estadía na residencia do Carballiño e á Xefatura Territorial de Vigo, no caso de solicitar a estadía na residencia de tempo libre de Panxón. As solicitudes de estadía para ambas as dúas residencias de tempo libre, poderán dirixirse a calquera das ditas xefaturas territoriais.

No caso de que se solicite estadía para ambas residencias, resolverá a xefatura territorial correspondente á primeira quenda solicitada.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles.Este prazo empezará a computar dende o día seguinte da publicación da Orden no DOG. Este prazo remata o día 7 de xullo.

Adxudicación de estadías

A adxudicación das prazas efectuarase por riguroso orde de entrada de solicitudes.

A comunidade Autónoma comprómetese a dar prioridade ás persoas usuarias procedentes doutros territorios distintos ao de Galicia para cubrir, a lo menos o 50% das prazas de cada residencia.

A administración dispón dun prazo máximo de tres meses para resolver e notificar a resolución, dende o día de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a tramitación. Transcurrido o dito prazo, as persoas interesadas poden entender desestimadas as solicitudes.

Dentro do díto prazo, as persoas titulares das xefaturas territoriais,.ditarán por delegación da Conselleira de Política Social, a resolución de adxudicación de estadías nas que se indicará a quenda adxudicada.  Sen prexuízo da notificación da resolución ás persoas solicitantes no prazo de 10 días, a relación de persoas beneficiarias coas estadías e quendas adxudicadas publicaranse nas páxinas web:https://www.xunta.gal/politica-social e www.familiasgalegas.org

Do mesmo xeito, farase e publicarase nas mesmas páxinas web unha relación das persoas solicitantes que queden en reserva.

Para a adxudicación das prazas en todas as quenda terán prioridade nas distintas quendas as seguintes para familias de especial consideración segundo da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
•    Familias numerosas
•    Familias acolledoras
•    Familias monoparentais
•    Familias vítimas de violencia de xénero
As prazas que queden vacantes por renuncias posteriores a súa adxudicación, ofertaranse ás persoas solicitantes que non obtivesen praza , seguindo a estes efectos a orde de adxudicación establecida.

 

 

Estadías de persoas residentes.

Residencia Mes Quenda Nº de prazas ofertadas Tempada
Panxón Xullo Do 19 ao 24 90 Alta
Do 26 ao 31
Agosto Do 2 ao 7 90 Alta
Do 9 ao 14
Do 16 ao 21
Do 23 ao 28
O Carballiño Agosto - Setembro Do 7 ao 12 75 Alta
Do 21 ao 26
Do 28 ao 2 75 Alta
Do 4 ao 9