Publicacións

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

Guía para a detección do maltrato infantil

A Guía para a detección do maltrato infantil ten como obxectivo principal procurar a comunicación e a denuncia de todo caso de malos tratos á infancia contando coa imprescindible colaboración dos profesionais e responsables da educación e da protección dos nenos.

Emprego e lei de dependencia

Logo dunha introdución sobre a Lei de dependencia de 2007, a publicación infórmanos sobre como incide a aparición desta lei na xeración de emprego tanto directo como indirecto.

Familia, coidados e traballo non remunerado. O uso do tempo nos fogares de Galicia

Estudo elaborado a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela no que se analiza o traballo doméstico e de coidados que non ten contrapartida monetaria inmediata.

Manual de formación para coidados no contorno familiar

A promoción da autonomía persoal e a atención adecuada ás persoas en situación de dependencia é, sen dúbida, indicador do nivel de desenvolvemento humano e de benestar das sociedades modernas e do grao de cohesión social.

Manual de formación para coidados no contorno familiar de persoas con demencia

As enfermidades que cursan con trastornos cognitivos e demencia caracterízanse pola súa longa evolución e por ocasionar un grande impacto no contorno sociofamiliar das persoas que as sofren.

Manual de formación para coidados no contorno familiar de persoas con enfemidade mental

Este novo manual pretende dar resposta a aspectos que van desde o propio concepto de enfermidade mental ata os coidados necesarios ou o desenvolvemento de habilidades para poder facer fronte a este tipo de situacións.

Manual de formación para coidados no contorno familiar de persoas con enfermidades crónicas

A demanda de coidados para persoas con condicións de saúde que supoñen situacións de especial vulnerabilidade foise incrementando nos últimos anos.